Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA

Representante legal: TANIA VÁZQUEZ CORBACHO
C.I.F.: G36817385

Coordinador técnico:

Enderezo:
Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
36207 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA

Teléfono:
FAX:
Móvil: 698175266

URL: http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/
Email: escola@xaruma.org

Nº de voluntarios: 5

Novas

(25-05-2015)

Cartaz Ferramentas para unha Educación Saudable

Monográfico de Ferramentas para unha Educación Saudable

Método Respirando Alegría, para unha educación integral.

O monográfico ten como obxectivo prioritario sensibilizar e dar a coñecer algunhas das posibilidades do método “Respirando Alegría” como un método facilitador da educación integral, holística e da saúde, un método para implementar o Ioga nos espazos educativos individuais e grupais.

Como medicina, o Ioga pode otorgar beneficios tanto a persoas sas como a enfermas. Non debemos facer caso das imaxes de ioguis en complicadas posturas que fan que pensemos que é algo difícil ou imposible. Esta proposta amosaranos que calquera persoa pode facer Ioga.

O Ioga é algo que hai que aprender a facer, e unha vez comecemos coa práctica, e nos corresponsabilicemos coa súa realización, será a experiencia a que dicte, ou non, os seus beneficios. Se descobres que a súa práctica non te aporta nada, non terás perdido nada; nembargante, se a experiencia te abre os ollos e te axuda a espertar, terás un mundo incrible por gañar e coñecer.

O Ioga é un camiño, unha potente ferramenta para o corpo e a mente.

Este monográfico motivarate a incorporar exercizos de respiración, relaxación e posturais nas túas actividades lúdico/educativas e na túa vida cotiá. Non perdas a oportunidade de formarte nunha temática moi esquecida en Galicia.

Para inscribirte, enche o formulario que atoparás na web www.xaruma.org

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds