Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA

Representante legal: TANIA VÁZQUEZ CORBACHO
C.I.F.: G36817385

Coordinador técnico:

Enderezo:
Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
36207 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA

Teléfono:
FAX:
Móvil: 698175266

URL: http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/
Email: escola@xaruma.org

Nº de voluntarios: 5

Hemeroteca

(03-08-2019)

Camiño de Santiago Portugués pola Costa.

Dende a ETL XARUMA, o vindeiro sábado 3-08-2019, convidámosvos a acompañarnos na primeira xornada do Camiño de Santiago Portugués pola Costa.

Sairemos de Vigo ás 11 da mañá en autobus cara a Baiona, para facer a etapa Baiona- Nigrán.

Faremos paradas para contemplar os monumentos naturais e culturais que atopemos no camiño e pararemos a comer en ruta nun lugar ben fermoso.

A volta será ás 19h tamén en autobús.

Para anotarvos chamade ó tlfno: 698175266, Tedes toda a información en :
http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/

Teremos acreditacións para selar no camiño e sorpresas para todos os participantes.

Lembrade levar comida e bebida, e roupa e calzado cómodos. O roteiro é sinxelo e apto para todos os públicos.
https://culturaeturismo.xunta.gal/portada
https://www.xunta.gal/portada

(01-08-2019)

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Data de realización: Do 05 de outubro ao 02 de decembro de 2019.

Se che gusta traballar con persoas e para persoas, formando parte de proxectos de dinamización e intervención, este é o teu curso. Faite monitor/a de actividades de Tempo Libre e comeza a dedicarte ao que máis che gusta.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña). Visita este enlace para acceder a información do curso en http://xaruma.org/mtl/

(29-07-2019)

ECOcine

Proxectamos un documental sobre o Camiño de Santiago " Que tiemble el Camino", e o finalizar faremos un debate.

(17-07-2019)

ECOcine

Proxectaremos un documental sobre o Camiño de Santiago "Que tiemble el Camino" , o finalizar faremos un debate.
https://culturaeturismo.xunta.gal/portada
https://xunta.gal/portada

(17-07-2019)

Ecoñece Vigo

Ruta pola Senda Azúl: Litoral e monte da Guía.
Faremos un roteiro de oito kilómetros para disfrutar do mar e do monte en Vigo. Camiñáremos, xantaremos, veremos árbores e fauna moi peculiares da zona da Guía. Se queres participar non tes máis que aparecer o sábado 27 no punto de encontro.

(13-06-2019)

Obradoiro de xurros ecolóxicos para coidar a túa horta

Na procura dunha terra máis ecolóxica e natural

(22-03-2019)

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Formación práctica e profesionalizante

(12-02-2019)

Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre

Fórmate para coordinar grupos e actividades no tempo libre.

(17-03-2018)

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Fórmate nun traballo con ampla demanda

(20-11-2017)

O BAÚL DE TEIS

Os últimos meses o noso grupo de chicos e chicas estiveron realizando un pequeno documental, xunto coa colaboración do voluntariado, que recolle diversas experiencias que se dan no barrio de Teis. Por fin, a primeira etapa deste proxecto culmina coa proxección do documental "O baúl de Teis".


[ 1 ] 2 [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 10 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds