Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA

Representante legal: TANIA VÁZQUEZ CORBACHO
C.I.F.: G36817385

Coordinador técnico:

Enderezo:
Sanjurjo Badía 79, Centro Gárate
36207 - VIGO - Vigo - PONTEVEDRA

Teléfono:
FAX:
Móvil: 698175266

URL: http://xaruma.org/escola-de-tempo-libre/
Email: escola@xaruma.org

Nº de voluntarios: 5

Hemeroteca

(30-09-2019)

Ecocine: La alimentación del futuro

O vindeiro luns 30 de setembro, as 17h no local de Xaruma, teremos a proxección do documental "La alimentación del futuro" coa posterior charla- coloquio onde debatiremos as diferentes posturas.

Animádevos a vir! Pasaremos unha tarde moi agradable en boa compaña.

(28-09-2019)

Camiño de Santiago Portugués pola costa: 5ª etapa Redondela-Pontevedra

O vindeiro sábado seguimos coa 5ª etapa do Camiño de Santiago, dende Redondela a Pontevedra. As 10: 30 quedaremos en Xaruma para coller o autobús cara a Redondela, e alí comezar a nosa etapa. Estade puntuais!

Ultreia!

(16-09-2019)

1º Obradoiro de Almorzos Saudables

Chega o outono, comezamos un novo curso, e con el os novos propósitos de vida saudable, ir o ximnasio, baixar eses quiliños do verán…

(14-09-2019)

Camiño de Santiago Portugués pola Costa: 4ª Etapa Vigo-Redondela

Seguimos cas etapas do Camiño de Santiago, a cuarta etapa, dende Vigo ata Redondela.
Quedamos a 10 da mañá en Xaruma, Sanjurjo Badía 79, de alí iremos hacia a Rúa Cantabria, onde rematamos na etapa anterior, e esta vez seguiremos a ruta da auga ata Redondela. Unha ruta moi sinxela, que se adapta para todo o mundo e que nos fará seguir disfrutando do Camiño.
#EmotiCamiño
http://xaruma.org/camino-de-santiago/
https://culturaeturismo.xunta.gal/portada
https://www.xunta.gal/portada

(12-09-2019)

Tempo de Lecer no Camiño

O sábado 14 de setembro ás 17:30 dentro do Proxecto “Coñece o Xacobeo”, Proxecto beneficiario do Programa O teu xacobeo da Xunta de Galicia.

(07-09-2019)

Camiño de Santiago Portugués pola Costa: 2ª Etapa Nigrán-Coruxo

CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUÉS POLA COSTA: 2ª ETAPA NIGRÁN-CORUXO

O Sábado 17 de agosto seguiremos ca segunda etapa do Camiño portugués pola Costa. Sairemos as 11 da mañán dende o IES Santa Irene, collemos o autobús para Nigrán e alí nos acercaremos ó Km 120,520 (os que nos quedan para chegar a Santiago de Compostela), Onde rematamos a 1ª Etapa.

A primeira parte da Ruta polo Concello de Nigrán nos atoparemos cos Pazos de Urzaiz-Cadaval e o de Cea. Continuamos por camiños con vivendas mesturadas con cultivos.

Nesta étapa entramos no Concello deVigo pola parroquia de Oia e seguimos por Coruxo, onde remataremos xunto a Igrexa Románica de San Salvador de Coruxo. En total rondaremos os 9,3 km. Colleremos o autobús de volta para estar as 19 h en Praza América.

Ainda estás a tempo de unirte ó grupo, chama ó 698 175 266,
Temos acreditacións para selar no camiño e sorpresas para todas as persoas
participantes. Lembrade levar comida, bebida, roupa e calzado cómodos.
O roteiro é sinxelo e apto para todos os públicos.

http://xaruma.org/camino-de-santiago/

https://culturaeturismo.xunta.gal/portada
https://www.xunta.gal/portada

(07-09-2019)

Obradoiro de destilación de plantas aromáticas

Aproveitando que as plantas aromáticas están no seu máximo esplendor, plantexamos facer un obradoiro de como destilar as plantas para conseguir hidrolatos. Podémolos empregar como tónicos, hidratantes para a pel, elaborar colonias, preparar esencias antipulgas para as nosas mascotas, e moitas máis aplicacións.

Trátase dun taller en forma de obradoiro onde:

Coñecer as plantas aromáticas e medicinais máis comúns para elaborar hidrolatos.
Explicaremos que son os aceites esenciais e os hidrolatos, diferenzas entre eles.
Aprenderemos a destilar en alambique de cobre.
Usos dos hidrolatos.
Data: 7 de setembro

Horario: 10 a 13:30 h.

Lugar: Vigo (barrio de Teis). Dispoñemos de aparcamento e parada de Vitrasa na entrada.

Aportación: 15€ persoas socias, 18€ persoas non socias. Asóciate!
http://xaruma.org/obradoiro-de-destilacion-de-plantas-aromaticas-elaboracion-de-hidrolatos/

(03-09-2019)

Coñecementos básicos das plantas aromáticas e os seus usos

Monográfico onde elaboraremos aceites e ungüentos medicinais.

(19-08-2019)

Ecocine:Los rostros del voluntariado

Documental que nos acerca ós voluntarios que adican o seu tempo e esforzo a axudar ós demáis. En España cinco millóns de persoas participan nestas labores. Vivimos nunha época de fortes cambios sociais e o voluntariado non é alleo a tódalas transformacións.
O Documental “Los rostros del voluntariado” son as vivencias de oito voluntarios que nos contan as súas historias de vida e de acción solidaria. Todos eles pensan que poden cambialo mundo “ de a poquito” como decía Eduardo Galeano.


1 [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 10 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds