Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)

Representante legal: JULIO ERNESTO ABALDE ALONSO
C.I.F.: Q6550005J

Coordinador técnico: LORENA RILO PEREZ

Enderezo:
Facultade de Socioloxía (campus de Elviña, Coruña); Centro Cultural Universitario (campus de Esteiro, Ferrol)
15071 - A CORUÑA e FERROL - A CORUÑA

Teléfono: 981 167 000 - Ext:1752/1740 (Coruña)/3677 (Ferrol)
FAX: 981 167 151
Móvil:

URL: http://www.udc.gal/ocv
Email: ocv@udc.es;ocvfer@udc.es

Nº de voluntarios: 150

Quen somos:

A Oficina de Cooperación e Voluntariado pertence actualmente á Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación, e é a encargada de xestionar, coordinar e potenciar oa eidos do voluntaraido social e a cooperación ao desenvolvemento na universidade.

¡Coñece a realidade e participa na súa transformación!

O sistema universitario español, representado pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), considera que a universidade debe asumir o papel protagonista nos procesos de desenvolvemento humán, explorando e elevando á práctica novas estratexias destinadas a construir unha sociedade máis xusta e participativa a través do voluntariado, a cooperación e o traballo no terceiro sector.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado naceu no ano 1996 como resposta ás necesidades de estudantes con discapacidade física matriculados na Universidade da Coruña que tiñan problemas para asistir ás aulas, para tomar apuntamentos...Este proxecto, denominado PAED (Proxecto de Axuda a Estudantes Discapacitados) foi o primeiro dos programas de voluntariado e comezou como unha colaboración coa ONG “Solidarios para el Desarrollo”. Co tempo foron xurdindo novos programas de voluntariado e novas colaboracións, ate o momento actual, en que son 19 os proxectos de voluntariado que se levan a cabo entre as oficinas de A Coruña e Ferrol.

A quen vai dirixida:

Comunidade universitaria (Estudantado, Persoal de Administración e Servizos-PAS e Persoal Docente e Investigador-PDI)
Sociedade en xeral

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e infancia
- Vol. e cooperación
- Vol. ambiental

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado
- Admin. pública e voluntariado
- Educación e voluntariado
- Responsabilidade social corporativa

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds