Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

UNION DE ASOCIACIONS PROVINCIAIS, UDP DE LUGO

Representante legal: BERNARDINO BARREIRO CASTRO
C.I.F.: G27290881

Coordinador técnico: Francisco Novo Vázquez

Enderezo:
Rúa San Pedro,13-Baixo 3 (Galerías Novo Centro)
27001 - LUGO - LUGO

Teléfono: 982-223379
FAX: 982-242137
Móvil:

URL:
Email: voluntariadoudplugo@gmail.com

Nº de voluntarios: 198

Quen somos:

O Voluntariado UDP é unha rede de persoas que poñen a disposición de outras persoas o seu tempo libre para compartir ledicia, calor humano, apoio e amizade.

Actúan para que outras persoas, principalmente maiores, se sintan menos illadas, visitándoas nos seus domicilios ou en centros residenciais. Pero tamén levan a cabo outras actividades voluntarias: educan a xóvenes en valores, colaborando nas escolas; colaboran na inserción social de persoas con discapacidade e enfermos mentais; desenvolven novas formas de solidariedade interxeracional nos hospitais, a través de contacontos, xogos tradicionais, etc.; acompañan a persoas con discapacidade visual as sesións de formación e rehabilitación; colaboran nos centros de día de maiores; levan a distracción, a través de coros e grupos de baile e teatro, aos centros residenciais de maiores; fomentan as relacións de axuda mutua na comunidade, organizando turnos de coidados de nenas e nenos con familias sen redes de apoio; etc.

En definitiva o Voluntariado UDP busca unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria.

A quen vai dirixida:

O Programa de Voluntariado vai dirixido a aquelas persoas que por moi diversas razóns non teñen oportunidade de relacionarse cós demais e que senten a soidade, ben nas súas casas ou ben nalgún centro. Estas persoas precisan de alguén que os comprenda e escoite.

Quen pode colaborar:

Calquera persoa que queira axudar aos demais. Basta con dispor dunhas poucas horas libres a semana.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e autonomía persoal
- Vol. e infancia
- Vol. cívico

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds