Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FUNDACIÓN JUANSOÑADOR

Representante legal: JESÚS HERNÁNDEZ ÁLVAREZ
C.I.F.: G24452435

Coordinador técnico: Eloína Ingerto López

Enderezo:
Praza da Milagrosa, 10.
27003 - A Coruña, Ourense, Vigo e Lugo (sede central). - Lugo - LUGO

Teléfono: 639 817 789
FAX: 982 203 534
Móvil: 639 817 789

URL: http://www.fundacionjuans.org
Email: coordinacion.galicia@fundacionjuans.org

Nº de voluntarios: 75

Novas

(21-04-2016)

Aproximarse ao voluntariado como motor de cambio social

A Rede Lucense de Voluntariado traballa con alumnado do CIFP Politécnico de Lugo na promoción dos valores dun voluntariado transformador.

A Rede Lucense de Voluntariado vén traballando dende o ano 2007 na promoción dun voluntariado comprometido que contribúa á mellora social. Con esta aspiración, a Rede dinamizou 6 obradoiros no CIFP Politécnico de Lugo nos que, maleta en man, convidaban a percorrer unha viaxe: da transformación persoal á transformación social. Unha viaxe que entende o voluntariado como motor de cambio social e como recurso ao alcance de calquera, capaz de xerar ilusión para a construción dunha sociedade máis xusta e solidaria.

Participaron destes obradoiro 115 estudantes (106 mulleres e 9 homes) dos ciclos formativos de “Educación Infantil”, “Atención a Persoas en situación de dependencia” e “Farmacia e Parafarmacia”. A través de dinámicas de grupo, as e os estudantes dialogaron e construíron coñecemento compartido en torno á acción voluntaria. A proposta sustentouse na metodoloxía do World café, articulada en base a imaxes xeradoras de debate. Dinamizáronse procesos de reflexión que permitiron transitar de posicionamentos asistenciais a enfoques transformadores, nunha aposta decidida da Rede por promover esta perspectiva de voluntariado. A Rede aproveitou tamén o encontro para achegar información sobre as entidades que a compoñen, convidando á participación nos programas e iniciativas que desenvolven.

Esta agrupación está integrada por 11 entidades do ámbito social: AliadUltreia, Asociación Down Lugo, Asociación Raiolas, Asociación Xuvenil Ateibo, Aspnais, AuxiliaLugo, Cáritas Diocesana Lugo, Cogami Lugo, Fundación JuanSoñador, Fundación Secretariado Gitano e o Servizo de Participación da Universidade de Santiago de Compostela. Todas elas desenvolven programas de voluntariado a través dos cales dinamizan a participación da cidadanía lucense.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds