Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FUNDACIÓN JUANSOÑADOR

Representante legal: JESÚS HERNÁNDEZ ÁLVAREZ
C.I.F.: G24452435

Coordinador técnico: Eloína Ingerto López

Enderezo:
Praza da Milagrosa, 10.
27003 - A Coruña, Ourense, Vigo e Lugo (sede central). - Lugo - LUGO

Teléfono: 639 817 789
FAX: 982 203 534
Móvil: 639 817 789

URL: http://www.fundacionjuans.org
Email: coordinacion.galicia@fundacionjuans.org

Nº de voluntarios: 75

Quen somos:

A Fundación JuanSoñador é unha iniciativa social de la Familia Salesiana del noroeste de España,que ten como finalidade principal a prevención, educación e promoción social integral das nenas, nenos, adolescentes, mozas, mozos e familias en situación de risco e/ou exclusión social.
En Galicia, contamos con Programas en Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo.

Asume como propia a proposta educativa de Don Bosco e o estilo pedagóxico do Sistema Preventivo. Todos os seus proxectos englóbanse dentro dunha presencia salesiana máis ampla, animada pola comunidade responsable da mesma.

A quen vai dirixida:

A nosa labor está dirixida a persoas menores, mozas/mozos e familias que se atopan en situación de risco e/ou exclusión social.

- PROGRAMA SOCIOEDUCATIVO "NA RÚA".
- PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE "ESPABILA, GOZA DO TEMPO LIBRE".

Teñen como obxetivo principal lograr a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social da infancia, adolescencia e mocidade en situación de vulnerabilidade. A través de servizos de atención diurna, de medio aberto, fóra do horario escolar, e cun enfoque integral na intervención. Dando apoio, estimulando e potenciando o desenvolvemento persoal e social, a adquisición de aprendizaxes básicas, e lúdicas, que compensen as desvantaxes socioeducativas e familiares.
Esta dirixido a nenas, nenos, adolescentes, mozas, mozos, e as súas familias, en situación de desamparo ou risco social. Preferentemente adolescentes de 12 a 18 anos, en situación de desvantaxe educativa. Desenvólvense nas cidades de Lugo, Ourense, A Coruña e Vigo.

- PROGRAMA "TERANGA" DE ATENCIÓN A PERSOAS MIGRANTES.

Desenvólvese a través de tres Centros de atención a persoas migrantes en Ourense, A Coruña, Vigo, e unha vivenda de emancipación en Ourense.
Está dirixido a persoas e familias migrantes en calquera situación administrativa, co fin de propiciar su inserción na sociedade receptora para unha mellora calidade de vida, dende un planteamento intercultural e de defensa dos dereitos humáns.

Quen pode colaborar:

A Fundación JuanSoñador posibilita a participación de persoas que, dende o seu desenvolvemento persoal e en solidariedade cos demais, colaboren nos obxectivos dos nosos programas co fin de crear unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Poden colaborar aquelas persoas maiores de idade, preferentemente con algunha experiencia no campo da intervención social, educativa e laboral. Con capacidade para o traballo en equipo, dispoñibilidade para aprender, formarse e madurez persoal.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e infancia

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds