Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

Representante legal: JUAN GONZÁLEZ PÉREZ
C.I.F.: G15629629

Coordinador técnico: Andrea Manuela García Corzo

Enderezo:
R/ VARSOVIA, 4C-6ª PLANTA
15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA

Teléfono: 986843436
FAX:
Móvil: 698144536

URL: http://www.fondogalego.org/web/
Email: info@igadi.org, comunicacion@fondogalego.org

Nº de voluntarios: 47

Novas

(22-04-2019)

Bases da convocatoria

Vacacións con Traballo en Mozambique e Cabo Verde

O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das administracións locais socias e da Xunta de Galicia.

Tres empregadas e empregados da administración local e autonómica que exerzan o seu labor en municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo. O programa de cooperación técnica e de sensibilización está cofinanciado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

As e os participantes nas Vacacións con Traballo achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de cooperación internacional e facilitan a colaboración entre o poder local galego e o do país de destino. Ademais, enchóupanse doutras realidades e contribúen a concienciar sobre elas.

Ata o 26 de maio permanece aberto o prazo para presentar candidaturas á decimocuarta edición das Vacacións con Traballo, con tres perfís prioritarios. En Mozambique, a Fundação Encontro precisa dunha técnica/o ambiental con experiencia en reciclaxe, mentres que os municipios de Boane e Manhiça buscan unha persoa experta en finanzas municipais. En caso de non cubrir estas prazas, os perfís secundarios serían os de educador/a infantil e técnica/o de Deportes, respectivamente. A vila caboverdiana de Santa Cruz, pola súa parte, require unha técnica/o de Desenvolvemento Local, sendo a opción secundaria neste caso a dunha técnica/o agrónoma/o.

As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación, e do órgano directivo competente no caso da Xunta ou das mancomunidades. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués.

O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, para a que as persoas seleccionadas poderán solicitar unha licenza laboral específica. Co fin de visibilizar a realidade do Sur e sensibilizar fronte as desigualdades, o voluntariado enviará publicacións para as redes sociais e tamén se editará un caderno dixital. Un total de 44 empregadas e empregados da administración local participaron desde 2006 nas Vacacións con Traballo.

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds