Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

Representante legal: JUAN GONZÁLEZ PÉREZ
C.I.F.: G15629629

Coordinador técnico: Andrea Manuela García Corzo

Enderezo:
R/ VARSOVIA, 4C-6ª PLANTA
15703 - SANTIAGO DE COMPOSTELA - A CORUÑA

Teléfono: 986843436
FAX:
Móvil: 698144536

URL: http://www.fondogalego.org/web/
Email: info@igadi.org, comunicacion@fondogalego.org

Nº de voluntarios: 47

Novas

(06-04-2016)

Vacacións con Traballo

O Fondo Galego vén de abrir unha nova convocatoria do programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal das deputacións e concellos socios.

Catro empregadas e empregados das administracións socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo.

As e os participantes neste programa de voluntariado internacional achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de cooperación internacional e facilitan a colaboración entre o poder local galego e o do país de destino. Ademais, enchóupanse doutras realidades e contribúen a concienciar sobre elas.

Ata o 30 de abril permanece aberto o prazo para postularse a algún dos catro perfís requiridos. A Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos solicita un de técnica/o de Turismo e outro de técnica/o de Desenvolvemento local, que contribuirán a impulsar o turismo comunitario. En Mozambique, a Fundação Encontro, que atende a menores vulnerables, precisa dun/ha traballador/a social, mentres que a Rede de Mulleres Autarcas oferta unha praza de técnica/o en Igualdade para fomentar a implicación feminina na política.

As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués.

O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, na que as persoas seleccionadas investirán o seu mes de descanso. Co fin de visibilizar a realidade do Sur e sensibilizar fronte as desigualdades, o voluntariado publica un blog e á volta tamén se edita un caderno dixital. Un total de 36 empregadas e empregados da administración local participaron desde o ano 2006 nas Vacacións con Traballo.

Folleto VcT 2016

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds