Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA, FAXPG

Representante legal: IKER SERTUCHA LISTA
C.I.F.: G15068091

Coordinador técnico: Mª Carmen González Lloves

Enderezo:
FELIX ESTRADA CATOIRA, 3-BAIXO, DTA.
15007 - A CORUÑA - A CORUÑA

Teléfono: 986.13.49.62 // 981-16.93.36
FAX: 886.130.166 // 981-15.43.16
Móvil: 667.891.167

URL: http://www.faxpg.es
Email: voluntariado@faxpg.es

Nº de voluntarios: 53

Quen somos:

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) é unha entidade sen ánimo de lucro que se rixe polos principios democráticos, e é a ferramenta para a representación dos intereses colectivos das persoas Xordas e das Asociacións de Xordos federadas en todolos ámbitos da sociedade, desenvolvendo un traballo de interlocución con outros axentes sociais e contribuindo ó desenvolvemento social da Comunidade Xorda a través da posta en marcha de unha rede de centros prestadores de Servicios Sociais accesibles a las persoas Xordas e con discapacidade auditiva nos que existen equipos de profesionais multidisciplinares dedicados a este fin.

Actualmente a FAXPG está composta por sete Asociacións; coas que comparte os obxetivos comúns de:
* Promover a integración social das persoas Xordas
* Conseguir a Igualdade de oportunidades no acceso á educación e ó emprego.
* Eliminar as Barreiras de Comunicación
* Contribuir ó desenvolvemento social e educativo das persoas Xordas

A FAXPG puxo en marcha o Servizo de Voluntariado FAXPG (destinado ó acompañamento de persoas Xordocegas) como un proxecto innovador que, polas características do mesmo e dos seus principais beneficiarios, supoñía un verdadeiro reto en canto á participación e continuidade.

O Servicio de Voluntariado FAXPG, iniciou a súa andadura durante o exercicio 2003, consolidándose como alternativa ó aillamiento social e comunicativo das persoas Xordociegas e persoas Xordas, ainda que reducida polos recursos e a especificidade das persoas que deben desenvolvelo (persoas conocedoras da LSE).

A quen vai dirixida:

A persoas Xordocegas e persoas Xordas en situación de alliamento Social e Comunicativo de toda Galicia.

Quen pode colaborar:

Persoas Xordas ou oíntes maiores de idade que teñan coñecementos de Lingua de Signos Española e sistemas alternativos de comunicación (dactilolóxico en palma,Lingua de Signos Apoiada, etc)
Voluntarios/as participativos/as, empáticos/as e motivados/as pola actividade que levamos a cabo, que teñan dispoñibilidade mínima de 3 meses e un servizo mensual.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e autonomía persoal

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds