Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL ASCM

Representante legal: PAULA GÁRATE FORMOSO
C.I.F.: G15161573

Coordinador técnico: PAULA GÁRATE FORMOSO

Enderezo:
SAN ROQUE E ÁNIMAS, BLOQUE-2, BAIXOS 18-19
15403 - FERROL - FERROLTERRA - A CORUÑA

Teléfono: 981 351 430
FAX: 981 351 450
Móvil: 981 385 366

URL: http://www.ascmferrol.com
Email: voluntariadoASCM@gmail.com

Nº de voluntarios: 48

Quen somos:

A Asociación Socio Cultural ASCM naceu no ano 1987 e traballa pola integración plena das persoas con algún tipo de discapacidade de ámbito provincial estando presentes en diferentes concellos, especialmente en Ferrol e Narón onde temos os nosos locais sociais.
Está declarada de utilidade pública dende o ano 2010.
No ano 2013 recibe a insignia de ouro do Concello de Ferrol en recoñecemento pola labor a favor das persoas con discapacidade.
O voluntariado é unha parte moi importante dentro da nosa entidade; eles participan directa ou indirectamente en todas as actividades que se levan a cabo como por exemplo:
- Concienciación e sensibilización.
- Comunicación, información e asesoramento.
- Promoción do voluntariado.
- Deportes para discapacitados físicos.
- Programas de lecer e tempo libre.
- Programas de integración e orientación socio- laboral.
- Programas de accesibilidade e eliminación de barreras.

A quen vai dirixida:

As nosas actividades van dirixidas principalmente as personas con discapacidade física e o seu entorno, aínda que non restrinximos discapacidade ningunha e intentamos que todas as actividades sexan abertas a sociedade en xeral. Ademais de na páxina web da entidade, tamén se pode atopar información no seu blog http://voluntariadoascm.blogspot.com/.

Quen pode colaborar:

Pode colaborar con nós calquera persoa maior de idade involucrada co voluntariado que dispoña de tempo e ganas de intervir nos procesos de integración sobre os que actúa a ASCM.

As funcións desempeñadas polos voluntarios están condicionados ao perfil persoal, laboral e formativo de cada un deles.

Os voluntarios participan na planificación e organización das actividades implicándose en todo o proceso.

A xestión de voluntariado é moi importante para poder ofrecer un servicio de calidade os nosos usuarios e a sociedade.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e autonomía persoal
- Vol. e infancia
- Vol. cívico

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado
- Educación e voluntariado
- Responsabilidade social corporativa

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds