Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN

Representante legal: JOSÉ MANUEL PÉREZ OTERO
C.I.F.: G82257064

Coordinador técnico:

Enderezo:
FRANCISCO MARIÑO,5 - 2º ESQDA. PTA, A
15006 - A CORUÑA - A CORUÑA

Teléfono: 981 133 737
FAX: 981 133 736
Móvil:

URL: http://www.ayudaenaccion.org
Email: informacion.galicia@ayudaenaccion.org

Nº de voluntarios: 50

Quen somos:

Axuda en Acción é unha Organización Non Gubernamental de Desenvolvemento (ONGD), independente, apartidista, e aconfesional que ten por obxectivo principal apoiar aos nenos, ás nenas, ás súas familias e ás comunidades que viven en situación de pobreza e exclusión, a través da realización de proxectos de desenvolvemento integral e actividades de sensibilización.

En Axuda en Acción comezamos a desenvolver o noso traballo en 1981 a favor das persoas do Sur. Xa pasadas máis de dúas décadas desde a fundación, a nosa organización conta con máis de 200.000 colaboradores, establecéndonos como unha das principais organizacións non gobernamentais españolas dedicadas á cooperación internacional.

A quen vai dirixida:

Axuda en Acción está presente en 19 países de América, Asia e África beneficiando a case dous millóns de persoas. En todas estas zonas identificamos espazos de intervención, buscamos as causas que conduciron á pobreza e xunto coas comunidades, traballamos en proxectos que teñen un período de duración de dez a quince anos nos que tratamos de atallar as causas estruturais da pobreza, ao tempo que creamos novos vínculos de solidariedade na comunidade.

Quen pode colaborar:

O noso voluntariado está composto por xente moi diferente, sen ter en conta ningunha titulación ou idade específica. Neste momento hai grupos de voluntariado na provincia da Coruña (Coruña, Ferrol, Santiago), Lugo, Ourense e Pontevedra (Pontevedra e Vigo). As actividades que realizan son fundamentalmente de sensibilización, venta de productos de comercio xusto, etc. Non traballamos con cooperantes, polo que non enviamos xente aos proxectos.

Entre as moitas maneiras que teñen @s nos@s voluntari@s de colaborar están as que aproveitan as novas tecnoloxías, como o grupo de voluntariado de Lugo, que de mans de Ana, a súa coordinadora fan un blog onde nos contan as actividades que realizan. E de xeito simultáneo @s compañeir@s de Coruña, da man de Juan tamén teñen o seu espazo blogueiro para compartir as súas experiencias con vós. Aínda que cada grupo de voluntariado conta co seu propio espazo na nosa web.

Aquí podes consultar as actividades destes e de todos os grupos de voluntariado de Axuda en Acción. Anímate!

Únete a nós!

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e cooperación

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds