Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN DEL CENTRO DE DESARROLLO RURAL O VISO

Representante legal: JOSÉ ANTONIO PÉREZ CARRERA
C.I.F.: G32122376

Coordinador técnico: CARMEN BOHORQUEZ VERDUGO

Enderezo:
LODOSELO, S/N
32631 - SARREAUS - OURENSE

Teléfono: 988-454408
FAX: 988-462004
Móvil: 988-461571

URL: http://www.cdroviso.org
Email: info@cdroviso.org, cixdalimia@cdroviso.org

Nº de voluntarios: 45

Novas

(07-04-2010)

Pobo escola de Lodoselo, un lugar para que os máis novos coñezan, vivencien e compartan a cultura do noso pobo

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, ante o descoñecemento da realidade rural e natural, a perda de identidade cultural, a reestructuración e cambio nos modelos de producción que está a provocar o esquecemento do acervo cultural dos nosos pobos e aldeas, oferta unha achega de coñecemento vital da realidade rural: contorna natural e humana, modos de vida... mediante o programa de Pobo escola. Esta iniciativa quere contribuír ao mantemento e desenvolvemento das persoas que quedan na nosa contorna.

Non se trata unicamente de aproveitar a contorna natural, senón, e sobre todo, de mellorala. Queremos coñecer e compartir cos máis novos, unha cultura que se está perdendo con cada veciño/a que morre.

As persoas que realizaron unha aprendizaxe, ao dalo a coñecer a outras persoas ou colectivos, socializan con eles o apreso conseguindo un efecto multiplicador á súa actividade á vez que actúa como mecanismo de motivación que rescata ás situacións de aprendizaxe da súa tradicional inutilidade.


Obxectivos:

- Ofertar aos colexios da comarca e da provincia unha/s xornada/s de convivencia no albergue do pobo escola con actividades formativas á vez que coñecen e vivencian a realidade rural, natural, modo de vida dos pobos.. (Economía, relacións sociais, cultura, etnoloxía, etc...) para frear a perda de identidade cultural rural.

- Propiciar aos grupos participantes o contacto coa natureza, o seu coñecemento e respecto a través da execución de actividades ambientais (reciclaxe, aula da natureza, agrícolas, gandeiros, de relación social co medio,)

- Favorecer a solidariedade, vivenciar o traballo en grupo e a creatividade da comunidade rural a través da súa participación como educadores/as nos talleres e actividades que se ofertan desde o pobo escola.

- Introducir o aspecto lúdico nas actividades que ofertamos como elemento importante na formación das persoas, desenvolvendo capacidades de relación e integración social e profundando na aprendizaxe autoguiado como un mecanismo crave.

- Estimular o interese dos/as participantes (alumnado) nos contidos que se desenvolven no deseño curricular e que teñen unha aplicación na vida diaria.


Actividades:
Mañás(por grupos:
•Fiado – tintes naturais
•Reciclaxe de papel- elaboración de bolsas de papel.
•Actividade medioambiental: planta (para este obradoiro cada. neno/a ten que traer un envase valeiro e limpo de leite/zume etc...(tetra brik)
•Fornada.

Xantar: Cada neno/a trae a súa comida.

Tardes:
•Xogos populares e tradicionais. Xogos con paracaídas….
•Recollida do pan do forno.
•Actividades na horta e con animais, paseo en burro.

As actividades para colexios, realízanse a partires do mes de marzo. Para reservar o día chamar ó teléfono: 988 461 571. Horario de atención: luns, martes, mércores e venres, de 9.00 a 13.00 horas e dende as 15.00 ás 19.00 horas. O enderezo electrónico de contacto é info@cdroviso.org.

Tamén se poden organizar actividades para varios días, fins de semana, excursión fin de curso, colonias...



xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds