Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN ANCIANOS DEL MUNDO

Representante legal: Mª CARMEN LÓPEZ SILVA
C.I.F.: G27245232

Coordinador técnico: Silvia Clara López López

Enderezo:
MONTERO RÍOS, 5 - 5º E
27002 - LUGO - LUGO

Teléfono: 669-703903 - 657-032033
FAX:
Móvil: 636-323663

URL: www.ancianosdelmundo.org
Email: mclsilva@comlugo.org

Nº de voluntarios: 82

Quen somos:

“ANCIANOS DEL MUNDO”, é unha organización non gubernamental para o desenvolvemento, sin ánimo de lucro, que traballa en proiectos de atención nun abano xeral de coberturas: sociais, sanitarias, formativas, infraestructuras, etc. a nivel nacional e internacional, nos países de América Latina, Asia e África.
Nada en 1999, en Galicia, coa finalidade de paliar nas súas necesidades a todos aqueles anciáns sen recursos económicos onde queira que estén.
Amáis dos múltiples proiectos que “Ancianos del Mundo”, activa nos países infradesenvoltos, traballa asimesmo nas campañas de sensibilización nos distintos puntos xeográficos, a medio de publicacións en xeral e medios de comunicación en particular, que persiguen a solidariedade e sensibilización das sociedade para un maior acercamento ó mundo do ancián en necesidade extrema.
Para realizar o seu traballo, conta amáis dos numerosos socios que a respaldan, coas aportacións das administracións públicas: Xunta de Galicia, a través das súas Consellerías. Concellos, diputacións, organismos privados, etc.
O traballo de execución de proiectos “in situ”, lévase a cabo de xeito directo coas contrapartes correspondentes: Asociacións locais, entidades públicas do lugar, como hospitais e fundacións, congregacións religiosas, ONGs, etc.
Preténdese de tal xeito, implicar as comunidades beneficiadas, para así acadar certa autosuficiencia e sostenibilidade no tiempo.

A quen vai dirixida:

A.- Actuacións de axuda a persoas senís en máxima penuria, en todos e cada un dos lugares onde "ANCIANOS DEL MUNDO" teña Centros ou Sedes, así como naquelas latitudes do mundo que resulten accesibles para o persoal da ONG ou os seus colaboradores, con especial adicación os anciáns carentes de membros familiares e que presenten privación afectiva, sufrimento, marxinación, discapacitación, etc.

B.- Colaboración cos organismos públicos ou privados no acompañamento de anciáns enfermos terminais, así como a cooperación con aqueles establecimentos adicados ó amparo das persoas senís.

C.- Financiación de proiectos en xeral e dilixencias en particular nos países deprimidos, encamiñados á consecución do mínimo benestar das persoas da chamada "Terceira Idade", anciáns en necesidade extrema e a súa influencia gravosa dentro da familia.

D.- Coordinación de axudas con cooperantes, voluntarios relixiosos ou laicos e organizacións que en países subdesenvolvidos exerzan a súa actividade.

E.- Formación de equipos de profesionais nos Centros e Sedes onde " ANCIANOS DEL MUNDO ", decida instalarse, encamiñados a entregar parte do seu tempo e traballo, co fin de crear os necesarios servizos e estructuras estables para as finalidades específicas da Asociación.

F.- Subvención de proiectos para arroupar infraestructuras mínimas ou básicas, para o fomento do desenvolvemento nos territorios de actuación.

G.- Líneas de actuación relacionadas coa formación, saúde e benestar dos anciáns.

H.- Colaborar con toda aquela “Asociación” cuios obxectivos sexan similares ou complementarios.

Quen pode colaborar:

Todas aquelas persoas maiores de idade, que sacrificando parte do seu tempo, estén dispostas a axudar para acadar os fins que a ONG “Ancianos del Mundo”, ten establecidos nos seus Estatutos, así como cumplir o seu código básico de conducta, entre outros:
1.-Ter en conta que é unha ORGANIZACIÓN NON GUBERNAMENTAL, DE CARÁCTER NON LUCRATIVO, independente de toda organización económica, comercial, política, relixiosa, filosófica, social e sindical, suxeita ás leis.

2.-Que é unha organización estable, cun mínimo grao de estructura.

3.-Que traballa activamente no campo da cooperación para o desenvolvemento e a solidariedade internacional.

4.-Que aspira a vontade de globalización para o desenvolvemento e a mellora da xustiza social onde “Ancianos del Mundo”, poida actuar.

5.-Que ten independencia de actuación.

6.-Que posee recursos económicos e humáns.

7.-Que actúa con mecanismos transparentes e participativos de elección e nomeamento de cargos.

8.-Que xestiona ben os fondos a través da prudencia e o rigor.

9.-Que potencia a participación do equipo humán que a estructura.

10.-Que conciencia á sociedade a través de actos públicos e de información constante nos medios de comunicación.

11.-Que aplica íntegramente os seus ingresos á consecución dos seus obxectivos sociais, con especial transparencia en tódalas actividades.

12.-Que pode adquirir medios materiais orientados ás súas actividades e fins que, en todo caso adscribirá ás diferentes seccións, para o perfeccionamento e desenvolvemento das actividades que sexan programadas.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e autonomía persoal
- Vol. e cooperación

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds