Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE

Representante legal: PAULA VIDAL ABALO
C.I.F.: G32242422

Coordinador técnico: Angel Dorrío

Enderezo:
RÚA BEDOIA nº 5, 2 D
32004 - OURENSE - OURENSE

Teléfono: 988 374 318
FAX: 988 374 318
Móvil:

URL: http://www.amigosdaterra.net
Email: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Nº de voluntarios: 30

Demanda de voluntarios

Participa na limpeza da praia de Barra e en EcoBueu!

Residuo Mínimo é unha a campaña de Educación Ambiental para a redución dos residuos e a compostaxe en O Morrazo
Participa!

Voluntariado ambiental_informacción sobre compostaxe

dentro das actividades da Campaña ambiental "Residuo Mínimo" do Morrazo estaremos este sábado día 26 de 11 a 13 horas no mercadiño municipal de Moaña.

Voluntariado forestal en Tourón

Dende Amigos da Terra xunto ca Comunidade de Montes en Man Común de Tourón (Melón) continuamos coas accións DESEUCALIPTIZADORAS, que xa realizamos o mes pasado.

Unha vez mais estaremos realizando accións de arrincado e/ou eliminación dos montes especies exóticas invasoras como o eucalipto, as acacias ou mimosas, entre outras. A través destas accións preténdese visibilizar que existe unha gran parte da sociedade que rexeita o modelo forestal actual e polo que segue a apostar o goberno da Xunta, e a vontade de procurar entre todas un monte diverso, multifuncional e sostible no que estea desterrado o monocultivo de eucalipto e a presenza doutras especies invasoras.

Así que continuaremos na mesma zona onde xa estivemos elimiando eucaliptos, mimosas e outras prantas invasoras en Tourón (Melón) o vindeiro domingo 14 de xullo de 10:00 a 14:30 horas (aproximadamente).

Polo tanto, como sempre, se estás interesada en botar unha man é necesario inscribirse no seguinte formulario (antes do vernes ao mediodía) >>>> [1]

Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres 12 ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar os desprazamentos e a actividade.

Voluntariado ambiental en Tourón -Melon

Dende Amigos da Terra xunto ca Comunidade de Montes en Man Común de Tourón (Melón) continuamos coas accións de sensibilizacion e voluntariado ambiental en Touron.

Así vos propoñemos que vos unades a un roteiro que se vai desenvolver polas zonas afectadas polos incendios para que poidades coñecer tanto os seus efectos como as distintas actuacións que se fixeron para a súa recuperación, restauración e repoboación por máis dun cento de persoas voluntarias e onde seguimos a traballar. Este trociño de monte que nos empresta a Comunidade de Montes de O Tourón é a demostración doutra xestión dos nosos montes, a esperanza de que se poden facer as cousas dun xeito diferente.

Esta andaina tamén servirá para planificar as seguintes actuacións na zona así como para recoller landras nos carballos que quedaron en pé. Explicarase como se poden sementar para obter plantóns que despois voltaremos (se queredes) ao monte de O Tourón.

Concluiremos a xornada cunha pequena mostra fotográfica onde mostraremos as actuacións das que falamos no monte xunto cun xantar na Casa do Pobo co que cada unha poida traer ou aportar.

Para anotarte na actividade é preciso que cubras este breve formulario>> de cara a organizar a loxística da actividade.

https://forms.gle/2sYDurawozQkQRuq7


xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds