Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE

Representante legal: PAULA VIDAL ABALO
C.I.F.: G32242422

Coordinador técnico: Angel Dorrío

Enderezo:
RÚA BEDOIA nº 5, 2 D
32004 - OURENSE - OURENSE

Teléfono: 988 374 318
FAX: 988 374 318
Móvil:

URL: http://www.amigosdaterra.net
Email: voluntariado.galicia@amigosdaterra.net

Nº de voluntarios: 30

Quen somos:

DESCRICIÓN AMIGOS DA TERRA
Amigos da Terra é unha organización ecoloxista galega que forma parte de Amigos de la Tierra España, que a súa vez forma parte de Friends of the Earth International (Amigos de la Tierra Internacional), unha das redes ecoloxistas de maior implantación no mundo, cun millón de socios e perto de 5.000 grupos locais dos setenta países nos que está presente dende a súa constitución en 1971. No estado español esta presente dende 1979 e en Galicia mantén presencia continuada dende 1996, con grupos polo de agora nas provincias de Ourense e Pontevedra.

As súas principais áreas de traballo están encamiñadas a enderezar a sociedade cara un Desenvolvemento Sostible e de loita contra as problemáticas ambientais do cambio climático, a destrucción forestal, o perigo dos transxénicos e os residuos domésticos.

Para elo desenvolve actividades, programas e proxectos de concienciación social, denuncia pública, educación ambiental, actividades de rexeneración ambiental e demostrativas de solucións para a sostenibilidade.

A solidariedade e tamén unha das nosas áreas de traballo prioritario, polo que contamos cunha sección de cooperación internacional e proxectos xa en execución en latinoamérica xunto con comunidades e organizacións de base para a consecución de alternativas viables de desenvolvemento sostible na rexión. Igualmente participamos en multitude de proxectos e iniciativas de tipo social.

Para o noso traballo e fundamental o voluntariado, contando cun significativo número de estas persoas que cun grao moi variable de dispoñibilidade e implicación entregan parte do seu tempo para á asociación. Neste momento contamos cun proxecto de acollida e envío de voluntarios dentro do Servicio Voluntario Europeo do que se benefician cada un bo número de mozos e mozas. Estimular a participación da cidadanía e a súa implicación nos problemas ambientais.

Na actualidade estamos a xestionar As Corcerizas un centro de educación ambiental na Serra de San Mamede (Vilar de Barrio, Ourense) feito baixo criterios de bioconstrucción e que usa exclusivamente enerxías alternativas para seu funcionamento e que ademais da súa oferta educativa conta tamén con servicio de albergue e comida para 40 persoas.
Máis información en www.ascorcerizas.com

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e cooperación
- Vol. ambiental

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds