Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ALDEAS INFANTILES SOS DE GALICIA

Representante legal: ROSA FREIRE PICHÍN
C.I.F.: G36639896

Coordinador técnico: VÍCTOR MANUEL MUÑOZ VÁZQUEZ

Enderezo:
2ª TRAVESÍA BARRIO DE RIBADAVIA, nº 1- 1º baixo
36204 - VIGO - PONTEVEDRA

Teléfono: 986-471655
FAX: 986-413762
Móvil:

URL: http://www.aldeasinfantiles.es
Email: alvarogarcia@aldeasinfantiles.es

Nº de voluntarios: 28

Quen somos:

Aldeas Infantís SOS (Kinderdorf Internacional) é unha Organización internacional privada a nivel mundial de axuda á infancia, sen ánimo de lucro, interconfesional e independente de toda orientación política. Membro da UNESCO e cun asesor permanente no Consello Económico e Social da ONU.

O noso obxectivo é ofrecer aos nenos, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade, unha familia, un fogar estable e unha formación sólida para alcanzar unha vida autónoma.

Fundada en Austria por Hermann Gmeiner en 1949 a primeira Aldea Infantil SOS en Imst deu paso ás 444 Aldeas Infantís SOS e máis de 1799 dispositivos SOS: centros de acollemento residencial, centros de atención de día, residencias de mozas, garderías, talleres de formación ...

En España as súas orixes remóntanse a 1967 como Fundación, sendo constituída como Asociación en 1981, e declarada de utilidade pública no Consello de Ministros en 1983.

A Presidencia de Honra osténtaa S.A.R. O Príncipe de Asturias.

Na actualidade hai 8 Aldeas Infantís SOS no noso país:
- Barcelona (S. Feliú)
- Cuenca
- Pontevedra (Redondela)
- Santa Cruz de Tenerife
- Madrid (San Lorenzo del Escorial)
- Zaragoza
- Granada
- Las Palmas de Gran Canaria (Telde)

A quen vai dirixida:

Vai dirixida a integrar familiar e socialmente aos nenos e mozos en situación de risco ou desamparo que nos sexan confiados pola administración competente, de forma eficaz e positiva, impulsando a súa autonomía e emancipación en igualdade de dereitos e obrigacións que o resto dos mozos.

Quen pode colaborar:

Maiores de 20 anos.

Preferiblemente con formación universitaria en Humanidades ( Diplomados en Maxisterio, Traballo Social, Educación Social, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Sociología...) ou técnicos de integración social ou monitores de actividades de lecer e Tempo libre.

Buscamos voluntarios/as que lles interese colaborar no sector da infancia, e que presenten como características específicas: habilidades asertivas, estabilidade emocional, iniciativa, capacidade de empatía, flexibilidade e tolerancia, cooperación e participación.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e infancia

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds