Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN AMBIENTAL SENDA NOVA

Representante legal: José Manuel Menéndez Varela
C.I.F.: G70175401

Coordinador técnico:

Enderezo:
Rúa Venezuela, 12
15100 - CARBALLO - Bergantiños - A CORUÑA

Teléfono: 611037617
FAX:
Móvil:

URL: www.sendanova.org
Email: sendanova@hotmail.com

Nº de voluntarios: 12

Quen somos:

A Asociación Ambiental Senda Nova, é unha entidade sen ánimo de lucro, formada íntegramente a través de voluntarios e voluntarias, os cales no seu tempo libre tratan de poñer en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico máis cercano.
Está composta por uns 50 socios e socias.

A través de diferentes programas de actividades que se desenvolven ao longo de todo o ano, tratamos de achegar a pequenos e maiores ao seu entorno, e a acadar un contacto pleno e responsable na natureza.

Realizamos programas como a Primavera en Ruta e o Outono en Marcha, que consisten en saídas a pé , que percorren e unen diferentes puntos de interese (ambiental, histórico, social...) de diferentes parroquias e concellos da Costa da Morte. Nelas contáctase con persoeiros e veciños das zonas de interese, os cales aportan os seus coñecementos para sacarlle o maior partido posible ao camiño.

Tamén existen outros programas como as Semanas de Natureza e Paisaxe, ou o Verán ao Natural, que están formados por actividades de maior contacto coa natureza. Actividades como a Berrea en Asturies, roteiros nocturnos, obradoiros de convivencia e de observación, obradoiros de pegadas, cesteiría, bioconstrución. Todas elas co obxectivo de dar a coñecer a nosa historia, a nosa tradición e costumes a pequenos e maiores.

O Inverno Ancestral, é o programa co que pechamos e comezamos o ano. Nel as lendas, a cultural popular e a tradición oral únense para sacar adiante actividades de recuperación da memoria local como as "Historias de Inverno", ou actividades infantiles como obradoiros de realización de xoguetes tradicionais, recuperación da figura do Apalpador etc

Coincidindo cos días mundiais das árbores e dos humidais, realizamos Xornadas de Interpretación de Humidais (febreiro) e dos Bosques (Marzo) nas cales se realizan actividades de coñecemento como charlas, ou camiñadas a pé, moi concretas e específicas para poñer en valor e protexer espazos ameazados e de moito interés que temos preto, como a Lagoa de Baldaio, Lagoa de Alcaián, Esteiro do Anllóns, Bosque da Ribeira da Pena, etc

A maiores de toda esta actividade, desenvólvese a Escola Ambiental de Senda Nova, dirixida a nenos e nenas de 3-6º de primaria, e na cal durante 9 meses se achegan ao seu patrimonio máis cercano, e a acadar pouco a pouco unha maior integración e respecto na natureza. Un proxecto ambicioso e longo, no que os monitores e monitoras voluntarios preparan as actividades todas as semanas, para que os máis cativos aprendan a través de diferentes metodoloxías a disfrutar e respetar o seu entorno.

A quen vai dirixida:

Todas as actividades de Senda Nova están abertas ao público en xeral, habendo algunha excepción como a Escola Ambiental, que soamente vai dirixida a nenos e nenas de primaria.

Quen pode colaborar:

Todas as persoas interesadas en poñer o seu grao de area para a protección e conservación da natureza, cultura e paisaxe da zona.

Todo o mundo ten cousas para aportar, independentemente da idade.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta
- Maior

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e infancia
- Vol. ambiental

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds