Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN CENTINELAS

Representante legal: Ana María Robles González
C.I.F.: G70390745

Coordinador técnico: OLGA RULA FERNÁNDEZ BLANCO

Enderezo:
Rúa Roma, 7 baixo D
15707 - Santiago de Compostela - A CORUÑA

Teléfono: 881259901
FAX:
Móvil: 658265764

URL:
Email: coordinacion@asociacioncentinelas.es

Nº de voluntarios: 10

Demanda de voluntarios

Servizo de conciliación familiar

Descrición do servizo:
O servizo de conciliación familiar concíbense como unha acción complementaria as actuacións que se desenvolven na Asociación (accións formativas, itinerarios de inserción, banco de recursos, etc.).
Ademais das tarefas propias de atención e coidado das nenas e nenos menores, as persoas responsables do servizo de conciliación desenvolven actividades lúdico-formativas e prestan atención ás particularidades dos cativos na esfera persoal, emocional, social e educativa. As temáticas a traballar están adaptadas ás súas idades, sempre relacionadas coa adquisición de valores universalmente recoñecidos: tolerancia, respecto, igualdade, corresponsabilidade, solidariedade, etc.
Así mesmo, parte do seu traballo será levar un control diario de asistencia ao servizo, e cubrir un rexistro diario de incidencias, no que se dea parte das atencións levadas a cabo con cada un dos menores, e se informe sobre aquelas cuestións que sexa relevante comentar.
Pola nosa experiencia, o servizo de conciliación adoita ir máis alá do mero coidado das nenas e nenos para converterse nun medio eficaz de detección de necesidades evolutivas, sociais, e educativas nos menores; mellorar hábitos e rutinas relacionadas coa hixiene, a alimentación, as normas e límites; aprender valores universais a través das lecturas, a música e os xogos; así como incidir en que as nais tomen conciencia da importancia de prestarlle atención a estes aspectos para lograr un bo desenvolvemento das súas crianzas.

O proxecto "Ti máis Eu", ten como finalidade contar con persoal voluntario naquelas actividades que axudan e dan soporte ao traballo que se desenvolve diariamente na Asociación.
• Colaboración no deseño e desenvolvemento de campañas de sensibilización e difusión das actividades e servizos que ofrece a Asociación nos distintos momentos.
•Colaboración no desenvolvemento de campañas e eventos para a captación de socios/as, a recadación de fondos ou de material para o banco de recursos.
•Colaboración como persoal docente de apoio nos diferentes cursos ofertados pola asociación:
-Escola de Pais e Nais.
-Cursos de alfabetización.
-Cursos de orientación laboral.
 Cursos de preparación para probas de acceso a ciclos de grao medio.
-Cursos de maternidade e crianza responsable.
•Organización e loxística na participación de eventos, xornadas ou congresos nos que a presenza da entidade poida ser representativa.
•Apoio na área de administración, comunicación e informática.
•Organización de actividades solidarias para a recollida de material para o banco de recursos da Asociación.
•Clasificación e entrega de alimentos, berces, carriños de bebé, roupa, e demais material cando a situación da muller lle impida recollelo persoalmente.
•Docencia de cursos formativos o talleres, coloquios, ou formato similar sobre calquera temática que poida resultar do interese das usuarias.
•Asesorar sobre cuestións médicas, farmacéuticas, legais, ou calquera outra sobre a que o persoal voluntario poida ter coñecemento e/ou formación.
•Organizar actividades de ocio ou acompañar ás mulleres cos seus fillos/as aos diferentes recursos gratuítos que existen na cidade (bebeteca, bibliotecas públicas, centros socioculturais, espectáculos infantís, etc.)
Estas actividades terán unha duración ou outra en función das necesidades que se presenten.

Voluntariado Banco de Recursos para a Infancia

O Banco de Recursos para a Infancia que xestiona CentinELAS cubre as necesidades máis básicas das familias usuarias da Asociación, ao tempo que fomenta a creación dunha rede de apoio social e se incentiva un consumo responsable.
Por primeira vez contamos cun local específico para ofrecer este servizo tan necesario, e dado o volume das doazóns que recibimos faise necesario contar cun equipo de persoas amplo que colabore e estea disposto a compartir parte do seu tempo neste proxecto solidario.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds