Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN CENTINELAS

Representante legal: Ana María Robles González
C.I.F.: G70390745

Coordinador técnico: OLGA RULA FERNÁNDEZ BLANCO

Enderezo:
Rúa Roma, 7 baixo D
15707 - Santiago de Compostela - A CORUÑA

Teléfono: 881259901
FAX:
Móvil: 658265764

URL:
Email: coordinacion@asociacioncentinelas.es

Nº de voluntarios: 10

Quen somos:

A Asociación Centinelas é unha entidade apolítica, aconfesional e sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos sociais da Xunta de Galicia.
A súa constitución ten lugar no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela como resposta a unha demanda social crecente: a de prestar un apoio integral a mulleres e familias que por diversas razóns atópanse en situación de vulnerabilidade social e en grave risco de exclusión.
Na actualidade presta atención a máis dun centear de familias residentes en Santiago e concellos limítrofes, e conta cun equipo humano cualificado para ofrecer unha atención integral que inclúe apoio psicolóxico, mediación familiar e intercultural, espazos para a conciliación familiar, formación, atención socioeducativa a menores, entre outros. Ademais, Centinelas xestiona un banco de recursos e axudas de atención básica á infancia, que é posible grazas á implicación de persoas e entidades colaboradoras.
Todas as actividades que se desenvolven na asociación fan que Centinelas constitúa un centro de referencia para estas familias. A proximidade no trato, a resolución dos seus problemas e a sensibilidade ás dificultades específicas das mulleres son as que fan posible esta confianza.

Quen pode colaborar:

En Centinelas valoramos moito os coñecementos, experiencias profesionais e vitais, e a motivación que nos achega o noso persoal voluntario. O valor que engaden ao traballo que desenvolvemos permítenos mellorar na identificación de necesidades, na planificación e desenvolvemento das actividades que executamos, así como na avaliación e propostas de mellora necesarias para optimizar o noso traballo.

Valoramos moito que as persoas que queiran colaborar con nós teñan ganas de aprender, aportar, educar e que se sintan sensibilizadas coa etapa vital da maternidade e da infancia.

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Adulta

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e infancia

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds