Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ASOCIACIÓN CAPACES LUGO, de aopoio ás persoas con TEA e Trastornos da comunicación

Representante legal: Ángeles Fernández Núñez
C.I.F.: G27450147

Coordinador técnico: VICTORIA BARRERO DÍAZ

Enderezo:
Rúa Poeta Curros Enriquez nº 15 entrechán B
27004 - LUGO - LUGO - LUGO

Teléfono: 619170890
FAX:
Móvil: 62621390

URL: http://capaceslugo.blogspot.com.es/
Email: capaceslugo@gmail.com

Nº de voluntarios: 9

Quen somos:

A Asociación CAPACES LUGO foi constituída o 30 de setembro de 2013 na cidade de Lugo.

É unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) e trastornos da comunicación (Trastorno Semántico Pragmático, TEL e outros) xa que precisan recursos moi similares no ámbito logopédico e terapéutico.

Non consideramos necesario ter un diagnostico definitivo porque cremos que o importante son as persoas e non as etiquetas. Contamos cun amplo elenco de profesionais autónomos que traballan de xeito individualizado co rapaz ou rapaza atendendo as súas necesidades persoais. Cada neno ou adolescente é único, e por iso mesmo o xeito de traballar con eles tamén ten que ser distinto para cada un. Buscamos mellorar a súa calidade de vida e a plena inclusión na comunidade.

O noso ámbito é provincial.

Somos membros da FEDERACION AUTISMO GALICIA.

Estamos inscritos no:

- Rexistro Provincial de Asociacións co numero 2013/17935.

- Rexistro Municipal de Asociacións de Lugo co numero 608.

- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos da Xunta de Galicia co
numero E-5988.

A quen vai dirixida:

A nenos/as e adolescentes con trastornos do espectro autista ou con trastornos de comunicación.

Quen pode colaborar:

Calquera que teña ganas de axudar e sentirse útil, non é necesaria experiencia previa, nin titulación especifica sobre autismo, nós encargamonos de dar formación a quen se presente como voluntario.
Todos sodes benvidos!!

Poboación destinataria segundo segmento de idade:

- Infantil
- Xuvenil
- Adulta

Poboación destinataria segundo sexo:

- Mulleres
- Homes

Áreas de intervención:

- Vol. e inclusión social
- Vol. e autonomía persoal
- Vol. e infancia

Ámbitos do voluntariado:

- Entidades de iniciativa social e voluntariado
- Educación e voluntariado

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds