Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

ANPA DO COLEXIO EDUCACIÓN ESPECIAL SANTA MARÍA (LUGO)

Representante legal: Mª CARMEN BERMÚDEZ LODEIRO
C.I.F.: G27159425

Coordinador técnico: DIEGO EIRAS ABELEDO

Enderezo:
Rúa da Luz, nº 1
27003 - LUGO - LUGO

Teléfono:
FAX:
Móvil: 669233556

URL:
Email: anpasantamaria@yahoo.es

Nº de voluntarios: 12

Novas

(01-06-2019)

OCIOTECA DE VERAN:

Ocioteca de verán para nenos e nenas con discapacidade: Nós tamén xogamos

A Ocioteca é unha proposta de ocio formativo dirixida os alumnos/as do CEE Santa María e os seus irmáns, que permita ademais que no tempo de vacacións escolares de verán as familias poidan conciliar a súa vida laboral sabendo que os seus fillos están recibindo unha atención adecuada.

1. OBXECTIVOS:

Obxectivos xerais:
Coa realización da Ocioteca de verán para nenos e nenas con discapacidade: Nós tamén xogamos, pretendemos:
- Proporcionar a rapaces e rapazas con discapacidades, así como as súas familias, alternativas de lecer lúdico na tempada de verán, garantindo a participación activa e segura nas actividades.

Obxectivos específicos:
Pretendemos ademais que os participantes na ocioteca sexan capaces de:
• Mellorar a súa autonomía persoal.
• Participar dun espazo de xogo e desenvolvemento persoal compartido.

2. LUGAR, DATAS E HORARIOS:
A ocioteca realizarase nas instalacións do CEE Santa María en Lugo, e desenvolverase durante cinco semáns.
As actividades realizaranse de lúns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 h. Un día á semán ampliarase o horario da ocioteca ata as 18:00 h. para realizar excursións, visitas, etc fóra da cidade de Lugo e que incluirán o xantar de medio día.
O día 24 de xuño de 2019 iniciarase a ocioteca ás 9.00 h., a cal rematará o día 26 de xullo de 2019 as 14.00 h.
Comenzarase realmente a actividade o día 22 de xuño de 2019 no que COORDINADOR da ocioteca, quen ese mesmo día reunirá a monitores e voluntarios nunha xornada informativa e formativa sobre o funcionamento e organización da ocioteca así como das características dos usuari@s.
O día 29 de xullo de 2019 rematará o traballo do COORDINADOR, cunha reunión cos monitores, voluntarios e familias, na que se evaluará o traballo realizado durante as cinco semáns de ocioteca.


3. DESTINATARIOS:

Poderán participar até un máximo de 18 rapaces e rapazas das familias da ANPA do centro educativo Santa María, con idades comprendidas entre os 6 e os 21 anos.
Os participantes poderán asistir sen outro requisito que ser alumnos do centro ou irmáns deses alumnos, incorporándose ou abandonando a actividade en calquera momento.
No caso de quedar prazas vacantes, abrirase a participación a outros participantes, tendo sempre preferencia os rapaces con maior discapacidade ou diversidade funcional.

4. METODOLOXÍA:
O equipo de monitores presentará diariamente diferentes alternativas lúdicas a modo de xogos, deportes, obradoiros manuais, cancións, danzas, ... Deberá ter en conta sempre as preferencias dos participantes para motivar e favorecer a participación dos rapaces e rapazas.
O equipo de monitores deberá facilitar, de xeito creativo e alentador, que os participantes (algúns dos cales utilizaran S.A.A.C. (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación tales como pictogramas, comunicadores, …) descubran os seus intereses e potencien as súas capacidades.
Cremos que toda persoa debe ser protagonista do seu proceso educativo, asimilando coñecementos, adestrándose en habilidades e interiorizando condutas desexables, valéndose das experiencias propias guiadas pola xente do seu redor para poder traballar en comunidade con criterios consensuados e de xeito cooperativo, contribuíndo a que cada individuo se sinta feliz, útil para a sociedade e realizado coa labor que desempeña. É fundamental promover a creación dun ambiente relaxado e de confianza, cara a consecución dos obxectivos do proxecto.
O equipo de monitores deberá estar especialmente atento e dispoñible para prestar apoio físico, cognitivo, social e emocional a quen o necesite. Dadas as altas necesidades de apoio da maioría dos posibles usuarios, é imprescindible unha relación participante/monitor dun máximo de 2.

5. ACTIVIDADES:
Entre outras moitas actividades que poidan ser desenvolvidas, organizaranse:
• Almorzo díario para aqueles que chegan as 9.00 h. (a cargo do orzamento da ocioteca)
• A media mañá tómase algún alimento (a cargo do orzamento da ocioteca)
• Todos os días se prepara o almorzo: varios dos usuarios que almorzan na ocioteca traballan habilidades de autoorganización.
• Todos os días sairán do recinto da ocioteca a facer actividades da vida cotiá na cidade para favorecer as habilidades sociais dos participantes: ir ó supermercado a mercar para os almorzos e medias mañás, saídas a parques, cafeterías, desplazamentos en bus urbano, paseos pola muralla e polo centro histórico, etc.
• Saídas ó cine
• Xogos populares
• Talleres e manualidades con material de refugallo
• Deportes e xogos adaptados
• Actividades de cociña
• Talleres con animais
• Actividades de piscina
• Excursión ó mar e á praia.
• Excursión a unha praia fluvial.


Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds