(01-02-2012) Necesítanse voluntariados para proxecto de Animación Hospitalaria A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, precisa voluntarios para o proxecto de animación hospitalaria que levamos a cabo no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera.
(27-01-2012) Curso de Introducción a los SIG para la cooperación al desarrollo Xa se abriu o prazo de matrícula para o curso online de Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIX) para a cooperación ao desenvolvemento que coorganizan Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Enginyeria Sense Fronteres Catalunya e o SIGTE co apoio técnico do CartoLab da UDC, Icarto e o LaboraTe da USC e o soporte económico de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
(09-01-2012) II XORNADAS GALEGAS DE TRASTORNO LÍMITE DA PERSONALIDADE A Asociación Galega para a asistencia e investigación dos trastornos da personalidade TP- GALICIA organiza as II Xornadas Galegas de Trastornos da Personalidade.
(02-01-2012) Implícate 2012. Noite de música e palabra solidaria O vindeiro 8 de xaneiro, domingo, ás 20.30 h, Implicadas no Desenvolvemento dará saída á súa cita anual coa cultura e a solidariedade no Implícate 2012. E da man da organización, artistas como Berrogüetto, Mónica de Nut Trío, Coro da Ra, Mónica García, Eva Veiga, Estevo Creus+Traspediante, Teresa Moure, Carlos Santiago, Isabel Risco ou Marta Pazos+Voadora. O encontro, conducido por Luís Tosar e Yolanda Castaño, terá lugar, unha vez máis, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, sé do Implícate, noite de música e palabra solidaria! desde o ano 2007.
(05-12-2011) FORMACIÓN: “ DESENVOLVEMENTO RURAL, COMERCIO XUSTO SOBERANÍA ALIMENTARIA” Os vindeiros días 16, 17 e 18 de decembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza un curso sobre o desenvolvemento rural, comercio xusto e soberanía alimentaria Residencia pública Bal e Gay da USC, en Lugo.O Curso é de balde.
(01-12-2011) Participación con Recórcholis en voluntariado corporativo O vindeiro día 1 de decembro, trinta menores en risco de exclusión social que participan nun dos proxectos de voluntariado que coordina a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña pasarán un día diferente e divertido gracias á empresa de ocio Recórcholis.
(23-11-2011) Club de Lectura de Implicadas en Ourense Chus Pato é a autora invitada neste primeiro Club de Lectura de Implicadas na cidade de Ourense.
A ONG Implicadas/os no Desenvolvemento continúa a súa andaina cos clubs de lectura, encontros participativos destinados a persoas amantes da lectura e preocupadas polos problemas do mundo, encamiñados a afondar na problemática social e de xénero a través da literatura galega e/ou en galego.
(18-11-2011) Curso de Formación Básica en Voluntariado O curso utilizará unha metodoloxía dinámico – participativa, sendo o seu obxectivo, que as persoas participantes poidan acadar as habilidades básicas para o comezo da súa labor no ámbito do voluntariado. As cuestións a tratar serán:
(21-11-2011) Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes. Coñecer, valorar e capacitar para actuar.
Amigos da Terra levará a cabo durante a fin de semana do 26 ao 27 de outubro, unhas xornadas de sensibilización e acción ambiental para a recuperación de zonas afectadas polos lumes na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.
Ademáis de ser un lugar de venta de produtos de alimentación, artesanía e textís de Comercio Xusto, tamén será un lugar de encontro de información e formación sobre temas medioambientais e sociais, como as Finanzas Éticas, Campaña Roupa Limpa, Ecoloxía, Cooperación e Solidariedade...
A súa inauguración terá lugar este xoves 17 de Novembro, no mesmo local
(18-10-2011) Inicio Campaña En Acción pola Igualdade! A Campaña En Acción pola Igualdade! É unha campaña de sensibilización e educación para o desenvolvemento sobre cales son as causas que orixinan a pobreza e as desigualdades no mundo globalizado para conseguir unha cidadanía activa e responsable na procura de novas formas de guiar o desenvolvemento.
(16-11-2011) NOVA ACTIVIDADE NO PROXECTO CASA LUGO Este ano, grazas á Fundación Balogal, o Proxecto CASA Lugo conta cunha nova actividade: baloncesto.
(11-11-2011) AMARANTE SETEM ADICA O MES DE NOVEMBRO A CONCIENCIAR SOBRE A DISCRIMINACIÓN DA MULLER E A SÚA LOITA HISTORICA POLOS SEUS DEREITOS. Co gallo da celebración do 25 de Novembro contra a violencia de xénero, a organización AMARANTE adica as súas actividade in-formativas de este mes á loita da muller polos seus dereitos, coa proxección de un DOCUMENTAL galego, "Digna Rabia", a presentación do seu libro "Mulleres organizadas: polos seus dereitos, polo cambio social" e posterior CHARLA sobre o Empoderamento da muller, e unha EXPOSICION fotográfica sobre a realidade das traballadoras do textil en Marrocos.
(07-11-2011) Curso de mediadores da saúde e prevención en drogodependencias Aberto o prazo de inscripción para o Curso de mediadores da saúde e prevención en drogodependencias que celebraremos na Facultade de Ciencias da Educación do campus de Elviña (A Coruña), os días 24 e 25 de novembro.
(21-10-2011) I Xornadas Universitarias sobre Economía Social e Desenvolvemento Aberto o prazo de preinscrición para as I Xornadas de Economía e Desenvolvemento que celebraremos no salón de graos da Faucltade de Económicas e Empresariais do campus de Elviña (Coruña), os días 10 e 11 de novembro.
(13-10-2011) Curso Juego, Movimiento y Emoción O Dúo Tiempo del Sol impartirá o curso
“Juego, movimiento y emoción” destinado a profesionais da educación infantil de diferentes áreas.
(13-10-2011) Espectáculo lúdico LA BRUJITA TAPITA O show lúdico-educativo "La Brujita Tapita" celebraráse o próximo domingo 23 de outubro, en FIMO Ferrol.
(13-10-2011) Semana de Mobilización contra a Pobreza Entre o 10 e o 17 de outubro de 2011 celébrase en todo o Estado español a Semana de Mobilización contra a Pobreza. E en Galicia, como cada ano, a Coordinadora Galega de ONGD coordina todas as actividades que se levarán a cabo no territorio. Nestas rede participan as 48 ONGD integradas na Coordinadora Galega entre as que se atopa Amigos da Terra.
(11-05-2011) Voluntarios de AFAMON realizan obradoiros para persoas con demencias Tódolos venres durante dúas horas as persoas voluntarias que colaboran con AFAMON ( Asociación familiares enfermos Alzheimer e outras demencias de Monforte), levan a cabo obradoiros para estimular as capacidades intelectuais e motrices dos usuarios do Programa de estimulación cognitiva e psicomotriz.
(27-04-2011) Precisanse persoas voluntarias Ensaio Clínico controlado aleatorizado con placebo para valorar o efecto da vacina rLP2086 (vacina contra a meninxite) en adultos entre 18 e 26 anos.