Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas da Dirección Xeral


(18-08-2017)


VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2017: ILLA DE ONS

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, poñen en marcha o derradeiro programa para este ano de voluntariado no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Neste caso desenvolverase na Illa de Ons.

Para máis información e inscrición no programa preme na seguinte

Ampliar

(17-08-2017)

VOLUNTARIADO AMBIENTAL NOS PARQUES NATURAIS DE FRAGAS DO EUME E XURÉS

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, xunto coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, inician un ano máis actividades de voluntariado ambiental nos parques naturais de Galicia. No día de hoxe abrense as inscricións para realizar actividades no PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME e no PARQUE NATURAL DO XURÉS.

Para inscribirse preme nas seguintes ligazóns:

Ampliar

(26-07-2017)


VOLUNTARIADO AMBIENTAL A PEROXA 2017

A Dirección Xeral de Xuventude,Participación e Voluntariado pon en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental no Concello de A Peroxa.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 6 persoas voluntarias xunto cunha persoa monitora realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre as necesidades de coidado e preservación da masa forestal.

O PROGRAMA INCLÚE:

1. Aloxamento e pensión completa nun albergue.
2....

Ampliar

(03-07-2017)

PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poñen en marcha un ano máis diversos programas de voluntariado no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Nos meses de xullo e agosto levaránse a cabo as seguintes actividades:

**Voluntariado para apoio e acompañamento a persoas con...

Ampliar

(03-07-2017)

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO SOCIAL PARA A ATENCIÓN E ACOMPAÑAMENTO DE PERSOAS MAIORES QUE VIVEN SOAS NOS SEUS FOGARES 'ACOMPAÑO'

O Programa de voluntariado social para a atención e acompañamento de persoas maiores que viven soas nos seus fogares (ACOMPAÑO, en diante) é unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, xestionado a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse na intervención nun envellecemento activo e saudable así como a de afrontar o cambio demográfico mediante un enfoque positivo centrado no potencial do colectivo de persoas maiores.

Con base nos artigos 21 e 22 da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria, a Consellería de Política Social promove este proxecto, no que...

Ampliar

(30-06-2017)

A Xunta pon en marcha un novo programa de voluntariado social dirixido aos maiores que viven sós nos seus fogares

O obxectivo é contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas maiores, favorecer o seu protagonismo en actividades sociais e propiciar as relacións interxeracionais.

A acción de acompañamento desenvolverase un máximo de 3 días á semana que non poderán sumar no conxunto dun mes natural máis de 8 días e no total do programa os 20. Ademais, en ningún caso esta actividade suporá a asunción de tarefas de carácter asistencial ou de axuda no fogar.

A Consellería de Política Social pon en marcha un novo programa de voluntariado social para a atención e o acompañamento de persoas maiores de 65...

Ampliar

(07-06-2017)

A Xunta mellora a capacitación dos voluntarios a través dun curso de voluntariado nivel básico

Os participantes tamén adquiriron coñecementos sobre o marco normativo e motivación de equipos.

Galicia é a comunidade autónoma con maior porcentaxe de poboación implicada neste ámbito.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu hoxe á clausura do curso de formación básica en proxectos de...

Ampliar

(01-06-2017)

A Xunta de Galicia potencia o fomento do voluntariado entre colectivos e entidades de acción social

O investimento total das dúas ordes supera os 500.000 euros.

Galicia é a Comunidade Autónoma máis comprometida coas accións solidarias voluntarias segundo o Observatorio da plataforma do voluntariado de España.

Galicia é a Comunidade Autónoma máis comprometida coas accións solidarias voluntarias xa que, segundo o último informe do Observatorio da plataforma...

Ampliar

(01-06-2017)

ORDE do 18 de maio de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado

Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o...
Ampliar

(01-06-2017)

ORDE do 15 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado...
Ampliar

(18-05-2017)

A Xunta celebrará unhas xornadas sobre medio ambiente e desenvolvemento sustentable para mocidade de toda España

A dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza este encontro que terá lugar do 16 ao 18 de xuño en Gandarío ao abeiro do programa Movic`17 da Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ).

Un máximo de 30 mozos e mozas galegos e doutras comunidades autónomas gozarán de distintas actividades de investigación e coñecemento do medio natural e os seus valores, ademais de participar en accións de voluntariado ambiental e outras de lecer educativo.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro día 7 de xuño para formalizar a súa inscrición a través do formulario que teñen a súa disposición na páxina web de Xuventude.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia organiza as xornadas tituladas Implicando á xuventude na...

Ampliar

(10-05-2017)

A Xunta apoia a asociación compostelá de esclerose múltiple na nova edición da carreira e andainas solidarias

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, fixo un chamamento á participación da mocidade durante o acto de presentación da actividade.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, participou na presentación da “III Carreira e...

Ampliar

(05-05-2017)

A Xunta fai efectiva a colaboración con 11 entidades para facilitar o seu traballo no eido da discapacidade

Os convenios nominativos foron subscritos con Autismo Galicia, COGAMI, Down Galicia, FAXPG, FEAFES- Galicia, FEGADACE, FADEMGA Plena Inclusión Galicia, ASPACE Galicia, FAGAL, FEGEREC e ASPAYM

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe os convenios de colaboración nominativos coas 11 entidades de discapacidade de...

Ampliar

(26-04-2017)

Galicia acollerá a celebración do Congreso Estatal de Voluntariado o vindeiro ano

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe en Madrid na xuntanza do pleno deste consello, no que tamén se acordou a creación de grupos de traballo para avanzar na avaliación e aplicación da lei de dependencia

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe en Madrid na reunión do pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e...

Ampliar

(20-04-2017)

A Xunta de Galicia respalda o voluntariado local e internacional no ciclo de conferencias da ONG Escola Shantidi

Os mozos e mozas presentes tiveron ocasión de coñecer as principais liñas de actuación que promove a Xunta de Galicia en materia de voluntariado, así como proxectos de acción solidaria desenvolvidos por diversas ONGs galegas.

O remate do ciclo está previsto para mañá venres en Lugo, coa presentación de experiencias solidarias de representantes no ámbito da administración local e do mundo académico.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou hoxe o ciclo de conferencias Cooperación e voluntariado...

Ampliar

(10-04-2017)

A Xunta mellora a formación do voluntariado con novos cursos en contixencias marítimas, riscos laborais e maiores

O plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inclúe accións de formación básica en proxectos e de especialización nos ámbitos ambiental, recuperación patrimonial, prevención da violencia de xénero e catástrofes e emerxencias.

O vindeiro 3 de maio comezará un novo curso presencial de formación básica en proxectos de voluntariado destinado preferentemente a persoal técnico e persoas voluntarias de entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Administración autonómica.

En 2016, máis de 1300 persoas finalizaron con éxito os cursos impulsados por Xuventude ao abeiro da Estratexia Galega de Acción Voluntaria 2016-2018.

A Xunta de Galicia consolida a oferta formativa en voluntariado con máis cursos de formación básica en proxectos e de especialización nas áreas...

Ampliar

(04-04-2017)

A Xunta de Galicia felicita os participantes no Servizo de Voluntariado Xuvenil en 2016

Os proxectos desenvolvidos por 14 entidades contaron coa implicación directa de 146 mozos e mozas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no Centro Coordinador de Información e Documentación...

Ampliar

(31-03-2017)

A Xunta recoñece o traballo dos participantes no Servizo de Voluntariado Xuvenil en 2016

Os proxectos desenvolvidos por once entidades contaron coa implicación directa de 61 mozos e mozas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou nas instalacións do Albergue LUG II no acto de entrega de...

Ampliar

(29-03-2017)


A Xunta premia os participantes nos proxectos desenvolvidos dentro do Programa Servizo Voluntariado Xuvenil 2016

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, entregou hoxe en Vigo os diplomas aos mozos e mozas implicados na iniciativa.

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado polos 129 mozos e mozas que se implicaron nas 19 iniciativas de voluntariado levadas a cabo na provincia de Pontevedra ao abeiro deste programa da Administración autonómica.

Os proxectos, propostos por trece entidades de acción voluntaria e seis concellos da provincia de Pontevedra, centráronse nos ámbitos de xuventude, medio ambiente, igualdade, Camiño de Santiago e recuperación da cultura, as artes e as tradicións galegas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe na sede da Delegación da Xunta na cidade viguesa no...

Ampliar

(20-03-2017)

A Xunta de Galicia recoñece o traballo realizado en 2016 por parte dos 125 participantes no servizo voluntariado xuvenil na provincia de Ourense

Os voluntarios, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos, formaron parte de proxectos desenvolvidos por dez entidades e oito concellos da provincia ourensá.

As áreas de actuación das iniciativas foron xuventude, medio ambiente, igualdade, Camiño de Santiago e recuperación da cultura, as artes e as tradicións galegas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no Espazo Xove de Ourense no acto de entrega de diplomas ás...

Ampliar

(17-03-2017)

Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ- 2017

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve por cuarto ano consecutivo o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, un programa para mozos e mozas de todas as Comunidades Autónomas que permitirá vivir unha experiencia única nun marco internacional.

Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozos/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de...

Ampliar

(16-03-2017)

A Xunta desenvolve unha nova edición do programa de intercambio xuvenil en albergues internacionais

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís, ofrece á mocidade galega a oportunidade de experimentar, vivir e colaborar como voluntarios en albergues doutros países.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar os coñecementos dos participantes, impulsando a aprendizaxe de idiomas, así como o respecto por outras culturas e formas de vida.

Galicia conta con varias instalacións integradas na REAJ, como os albergues xuvenís de Gandarío (Bergondo), LUG II (Lugo), Residencia xuvenil Altamar (Pontevedra), Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense), As Corcerizas (Vilar de Barrio, Ourense), Os Biocos (San Xoán de Río, Ourense), Equal (Coles, Ourense), Monte do Gozo en Santiago de Compostela e Artsurfcamp en Carballo (A Coruña).

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), desenvolve por cuarto...

Ampliar

(15-03-2017)

A Xunta de Galicia recoñece o traballo dos participantes no Servizo de voluntariado xuvenil en 2016

Os proxectos desenvolvidos por 37 entidades contaron coa implicación directa de 265 mozos e mozas.

As áreas de actuación con maior nivel de presencia voluntaria foron as desenvolvidas con mozos e colectivos en situación de risco.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña no...

Ampliar

(10-03-2017)

A Xunta de Galicia promove os intercambios xeracionais a través do programa 'Voluntariado Miúdo: Móvete'

A actividade forma parte do itinerario de acción voluntaria impulsado desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e conta coa participación de máis de cincocentos escolares galegos.
O alumnado de 2º curso de Educación primaria deste centro naronés están a traballar nun proxecto para o desenvolvemento da solidariedade dende unha óptica interxeracional denominado 'Con ollos de maior pero mirada xoven'.

O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou esta mañá que “coñecer, comprender e respectar as diferenzas entre as persoas...

Ampliar

(08-03-2017)


A Xunta pon en marcha a sexta edición do programa “Pasaporte Solidario”

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou esta mañá a actividade no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro.

O obxectivo desta iniciativa pasa por promover os valores da solidariedade, participación e compromiso social entre toda a comunidade educativa.

A edición deste ano conta coa participación de 1339 alumnas e alumnos de ata 12 anos repartidos en 22 centros educativos das catro provincias galegas.

A Xunta de Galicia vén de anunciar a posta en marcha dunha nova edición do programa de fomento do voluntariado “Pasaporte Solidario”. Unha iniciativa...

Ampliar

(15-02-2017)

A Xunta avanza na posta en marcha do futuro Observatorio Galego de Acción Voluntaria

A directora xeral, Cecilia Vázquez, presidiu unha nova sesión deste órgano colexiado no que están representadas as entidades galegas de acción voluntaria, entidades locais, organizacións sindicais, as universidades, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Ademais do decreto que regulará este novo órgano de participación, así como a planificación e formación en materia de voluntariado, se deu conta das principais novidades das próximas convocatorias de subvencións para o 2017.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presidiu esta mañá o Consello Galego de Acción Voluntaria, máximo...

Ampliar

(31-01-2017)

Impulsamos o labor de voluntariado que realizan 26 entidades de Lugo

As axudas distribuídas suman máis de 55.000 euros e están destinadas, entre outros obxectivos, a fomentar a implicación dos mozos neste eido.

As persoas participantes nos distintos programas poderán obter a certificación oficial coa que acreditar formalmente as súas experiencias de voluntariado.

A Consellería de Política Social concedeu axudas a vinte e seis colectivos e entidades da provincia de Lugo para impulsar o seu labor de...

Ampliar

(30-01-2017)

Cecilia Vázquez participa na presentación do proxecto “Pedaladas solidarias” en favor dos refuxiados

Os participantes na actividade realizarán virtualmente o percorrido realizado por Aylan Kurdi, o neno falecido na costa turca procedente de Siria.
Para elo, contarán con 6 bicicletas estáticas doadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Os cartos recadados da participación na actividade destinaranse á ONG Proactive Open Arms, que traballa en favor dos refuxiados.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu hoxe ao acto de presentación da actividade “Pedaladas...

Ampliar

(26-01-2017)

Cecilia Vázquez reúnese en Ourense con entidades do eido do voluntariado e a mocidade para mellorar os servizos do Espazo Xove da cidade

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo esta semana en Ourense varias xuntanzas de traballo coas asociacións máis representativas da provincia no ámbito da mocidade, fomento da participación e voluntariado. Segundo explicaba hoxe a responsable desta área no Goberno autonómico “foi unha primeira toma de contacto co obxectivo de ampliar as actividades e iniciativas a realizar no Espazo Xove da Cidade das Burgas”.

Todas as asociacións coas que se reuniu a directora xeral presentan unha gran variedade en canto ás actividades que realizan e en canto aos campos de...

Ampliar

(13-01-2017)

O conselleiro de Política Social amosa o seu apoio aos afectados pola esclerose múltiple nun encontro con FEGADEM

A reunión de traballo serviu como presentación da Federación e nela abordouse a importancia da prevención e sensibilización no que atinxe a esta enfermidade.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, reuníronse hoxe...

Ampliar

(05-12-2016)

A Consellería de Política Social celebra este luns o Día Internacional do Voluntariado con labores de difusión e promoción desde os 13 espazos xoves de Galicia

Unha xornada que se conmemorará baixo o slogan ‘#GlobalApplause - ¡Viva los voluntarios!’ e que pretende recoñecer o labor dos voluntarios e as voluntarias en todo o mundo, así como todo o que fan para que a paz e o desenvolvemento sustentable sexan una realidade

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, celebra hoxe 5 de decembro o Día...

Ampliar

(09-11-2016)

A Xunta promove a adaptación das entidades xuvenís e locais á nova Estratexia de acción voluntaria 2016-2018

A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe en Lugo coa asociación Aliad-Ultreia.

O obxectivo de Aliad-Ultreia é vincular o seu voluntariado aos seus ámbitos tradicionais de intervención: drogodependencias, prisión e muller

Ademais, Cecilia Vázquez coñeceu de primeira man os proxectos que realizou esta entidade lucense ao abeiro do programa Servizo de Voluntariado Xuvenil

A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, coñeceu hoxe de primeira man o desenvolvemento dos...

Ampliar

(04-11-2016)

A directora xeral de Xuventude clausura o ciclo de talleres conmemorativos do 20 aniversario do Servizo Voluntario Europeo

No marco deste evento celebráronse diversos talleres en Santiago, Vigo, Lugo, A Coruña e Ourense e nel participaron técnicos de xuventude, responsables e membros de asociacións xuvenís, mozos e mozas non asociados/as, informadores xuvenís e a interesados/as en xeral.

O Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo “Erasmus+: Xuventude en Acción” e ten como obxectivo principal promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas diferentes e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

En Galicia teñen a acreditación para participar en proxectos de Servizo Voluntario Europeo 17 concellos e 54 entidades sen ánimo de lucro e nas dúas primeiras quendas do 2016 foron aprobados na comunidade un total de 11 proxectos.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, clausurou hoxe no Espazo Xove de Ourense o ciclo de talleres de...

Ampliar

(28-10-2016)


Política Social destaca o activismo solidario do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa que neste curso comeza a impartir a materia de voluntariado social

A responsable das políticas xuvenís da Xunta de Galicia destacou que os mozos e mozas teñen a posibilidade de desenvolver un itinerario completo e continuo, que comeza en Primaria con “Móvete”; segue co “Pasaporte Solidario”, dirixido a mozos ata os 12 anos; continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria; e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reunise na mañá de hoxe nas instalacións do IES Castro Alobre de...

Ampliar

(25-10-2016)

Un 90% dos participantes nos programas de voluntariado nos parques naturais repetirían a experiencia

A directora xeral de Conservación e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presentaron un balance das actividades desenvolvidas este verán nos diferentes enclaves naturais da Comunidade.

É a primeira vez que se desenvolve este tipo de iniciativas solidarias e voluntarias na totalidade de parques naturais de Galicia.

Ampliar

(14-10-2016)

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado apoia a aprendizaxe-servizo como unión entre éxito educativo e compromiso social

A directora xeral, Cecilia Vázquez, acudiu á inauguración en Santiago do VII Congreso Nacional e II Internacional da materia .

Trátase dunha metodoloxía educativa que combina o currículum académico co servizo comunitario, frecuentemente vinculada aos mozos e mozas, e empregada como vía para enriquecer a experiencia formativa.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asistiu esta mañá á inauguración do VII Congreso Nacional e II...

Ampliar

(14-09-2016)


A directora xeral de Xuventude fai entrega dos diplomas aos 25 participantes en estadías titorizadas en empresas de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo a través do programa ‘Deseñando o teu futuro’

◾Esta iniciativa serve para aproximar aos rapaces e rapazas galegos de entre 14 e 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que coñezan a realidade das empresas e así axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou na entrega dos diplomas acreditativos aos 25 mozos e mozas...

Ampliar

(10-09-2016)

Máis de 200 entidades locais galegas recibirán axudas para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades de educación non formal

◾As achegas terán un importe máximo de 3.000 euros, agás nos casos de agrupacións, nos que a subvención se incrementa ata os 8.000 euros para o suposto de dous concellos ou os 15.000 euros cando sexan tres ou máis as entidades locais que se acolleran á fórmula da agrupación

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de resolver as axudas destinadas ás...

Ampliar

Formato RSS 2.0
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds