Saltar navegación
Voluntariado galego

Novas

(09-01-2018)

Listado provisional de alumnos aprobados do ´Curso Voluntariado en proxectos de dinamización de envellecemento activo e saudable 2017´

A Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego informa ás/aos alumnas/os do curso en liña "Curso Voluntariado en proxectos de dinamización de envellecemento activo e saudable 2017" que no documento anexo poden consultar a relación provisional daqueles que obtiveron a cualificación de apto/a.

Recórdase que como criterio de avaliación se estableceu que aprobarían o curso aquelas/es alumnos/as que realizaran e aprobaran o total das probas.

O prazo para presentar reclamacións ou enviar aclaracións e suxestións estará aberto ata o martes, 16 de xaneiro ás 14.30 horas. Os/as alumnos/as poderanse poñer en contacto coa Plataforma de Teleformación de Voluntariado Galego a través do enderezo electrónico voluntariado@xunta.es

Os diplomas enviaranse por correo ordinario ao enderezo indicado na ficha de inscrición da/o alumna/o. Se cambiastes de domicilio recentemente, pregámosvos que, ademais de actualizalo na sección OS MEUS DATOS PERSOAIS do voso panel de control na Plataforma, nolo comuniquedes por correo electrónico a voluntariado@xunta.es

Descarga asociada


Formato RSS 2.0
Copyright voluntariadogalego.org