Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Voluntariado ambiental experto no estudo e na conservación da Biodiversidade

[25-11-2019 - 20-12-2019]

A inscrición estará aberta ata o 21 de novembro de 2019.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
MÓDULO I: Fundamentos da bioloxía da conservación. Principios básicos no deseño de estudos de conservación. Análise de datos. Conservación e restauración de ecosistemas. Caracterización e seguimento de poboacións de especies ameazadas.
MÓDULO II: Xestión en bioloxía da conservación.
Restauracións ecolóxicas. Paisaxe, poboación e turismo de natureza. Especies invasoras. Reforestacións a través dos bosques de alimentos ou bosques comestibles. Permacultura. Deseño e creación de charcas para a protección de anfibios. Estudos e Sondaxes de fauna silvestre. Estudo e análise de ríos. Deseño de novos hábitats urbanos para a conservación de especies polinizadoras.
MÓDULO III: Módulo de 2h sobre violencia de xénero segundo as bases e principios do Pacto de Estado sobre Violencia de Xénero. MEDIDA: 250

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 23 de outubro ao 21 de novembro

Data prevista de realización: do 25 de novembro ao 20 de decembro

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso descrito anteriormente.
Cubre os datos do formulario e sigue os pasos indicados.

É obrigatorio cubrir todos os datos en MAÍUSCULAS e SEN ACENTOS.

Así mesmo e en relación ao proceso de matriculación, tamén se recorda que unha vez cuberto o formulario de inscrición, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe do sistema informático para validar a túa conta clicando sobre un enlace que aparecerá no corpo do texto. Esto telo que facer antes de que finalice o periodo de anotacións do curso porque doutro xeito quedarás fóra da convocatoria.

Unha vez validada a túa conta de correo electrónico e pechado o prazo de matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Recorde cubrir os campos obrigatorios.

 
(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
Debes indicar un usario e contrasinal, que serán os que uses para acceder ao teu panel de alumno
*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.
Copyright voluntariadogalego.org