Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Xestión e dinamización do voluntariado ambiental

[22-11-2019 - 23-12-2019]

A inscrición estará aberta ata o 19 de novembro.

Logo do cursoDestinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
MÓDULO I: VOLUNTARIADO AMBIENTAL
Conceptos básicos. Utilidade do voluntariado. Normativa relativa ao voluntariado. Redes
de voluntariado
MÓDULO II: ESTRATEXIAS E RESPONSABILIDADES DA ENTIDADE PROMOTORA
Procedementos administrativos. Responsabilidade civil. Coordinación e avaliación.
MÓDULO III: FERRAMENTAS PARA A ELABORACIÓN DE PROGRAMAS DE
VOLUNTARIADO

Planificación da acción. Ferramentas para o deseño e execución. Posta en marcha do Programa de voluntariado. Avaliación de efectividade
MÓDULO IV: XESTIÓN DO GRUPO. DINÁMICAS DE PARTICIPACIÓN E PROCESOS DE
INTEGRACIÓN

Definicións de grupo e xestión de grupos. Fases na xestión de grupos. Dinamización de equipos. Responsabilidades durante o desenvolvemento da actividade no medio natural.
MÓDULO V: TIPOS DE PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO
Responsabilidade social corporativa. Voluntariado empresarial. Voluntariado europeo.
Voluntariado en espazos protexidos.
MÓDULO VI: Módulo de 2h sobre violencia de xénero segundo as bases e principios do Pacto de Estado sobre Violencia de Xénero. MEDIDA: 250

Modalidade: en liña

Lugar de impartición:
Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 22 de outubro ao 19 de novembro

Data prevista de realización: do 22 de novembro ao 23 de decembro

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso descrito anteriormente.
Cubre os datos do formulario e sigue os pasos indicados.

É obrigatorio cubrir todos os datos en MAÍUSCULAS e SEN ACENTOS.

Así mesmo e en relación ao proceso de matriculación, tamén se recorda que unha vez cuberto o formulario de inscrición, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe do sistema informático para validar a túa conta clicando sobre un enlace que aparecerá no corpo do texto. Esto telo que facer antes de que finalice o periodo de anotacións do curso porque doutro xeito quedarás fóra da convocatoria.

Unha vez validada a túa conta de correo electrónico e pechado o prazo de matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Recorde cubrir os campos obrigatorios.

 
(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
Debes indicar un usario e contrasinal, que serán os que uses para acceder ao teu panel de alumno
*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.
Copyright voluntariadogalego.org