Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Voluntariado interxeracional

[29-10-2019 - 29-11-2019]

A inscrición estará aberta ata o 25 de outubro.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no
Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
Módulo I_ Voluntariado interxeracional e envellecemento activo.
-Claves do envellecemento activo
- O rol do voluntariado no envellecemento activo
-beneficios do voluntariado interxeracional

Módulo II_ Espazos para a intervención dende o voluntariado interxeracional.
-Claves no desenvolvemento de proxectos interxeracionais
-Os proxectos de acompañamento de voluntariado interxeracional
-Os proxectos educativos de voluntariado interxeracional

Módulo III_ A promoción da igualdade dende a acción voluntaria interxeracional.
- Análise da situación: Roles de xénero, estereotipos e linguaxe sexista. Que
podemos facer dende o voluntariado interxeracional?
- Unha perspectiva do xénero no voluntariado interxeracional
- A visibilización da muller maior nos proxectos de voluntariado interxeracional
Medida do PEVX
Medida nº 35- Visibilizar en campañas e actuacións ás mulleres maiores.

Módulo IV_ Metodoloxías innovadoras para o voluntariado interxeracional.
-Aprendizaxe servizo (ApS)
-Teatro social
-Radio

Módulo V_ Boas prácticas no voluntariado interxeracional dende unha perspectiva de xénero.
-Achegamento a proxectos interxeracionais no ámbito galego
-Claves para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado interxeracional dende unha
visión de xénero.

Medida do PEVX
Medida nº 19- Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo. Este repositorio incluirase no Plan Estratéxico de Convivencia Escolar impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto coas Comunidades Autónomas, como desenvolvemento do eixe “Educación en Igualdade e Socialización para a prevención da violencia de xénero”.

Vinculación coas Medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero
Atendendo aos 10 eixes de actuación establecidos no Pacto de Estado en materia de Violencia de xénero o curso “Voluntariado interxeracional” aborda unha serie de contidos que tocan aspectos vencellado a un dos eixes de actuación establecidos no Pacto:
Eixe 1. A ruptura do silencio mediante o fomento de actuación de sensibilización. Na que o voluntariado poderá aprender estratexias e ferramentas para abordar de xeito preventivo o fenómeno da violencia de xénero, e por outra banda adquirir unha maior concienciación das vivencias da vítima en situacións cotiás a través da súa escenificación, xerando un espazo para
a transformación da realidade da vítima, e que nos permite xear unha resposta social ante o
maltratador, e de protección da vítima.


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 17 de setembro ao 25 de outubro.

Data prevista de realización: do 29 de outubro ao 29 de novembro

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso descrito anteriormente.
Cubre os datos do formulario e sigue os pasos indicados.

É obrigatorio cubrir todos os datos en MAÍUSCULAS e SEN ACENTOS.

Así mesmo e en relación ao proceso de matriculación, tamén se recorda que unha vez cuberto o formulario de inscrición, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe do sistema informático para validar a túa conta clicando sobre un enlace que aparecerá no corpo do texto. Esto telo que facer antes de que finalice o periodo de anotacións do curso porque doutro xeito quedarás fóra da convocatoria.

Unha vez validada a túa conta de correo electrónico e pechado o prazo de matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Recorde cubrir os campos obrigatorios.

 
(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
Debes indicar un usario e contrasinal, que serán os que uses para acceder ao teu panel de alumno
*[Lin e acepto a política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.
Copyright voluntariadogalego.org