Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Especialización en voluntariado 2019

[04-11-2019 - 29-11-2019]

O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de outubro .

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no
Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: 50

Contidos:
MÓDULO 1: Marco de referencia. Aproximación xeral.
1.1 As accións de voluntariado: que son, onde se poden levar a cabo, como e para que?; Marco legal e manexo da normativa vixente.
1.2 A persoa voluntaria: definición de perfiles, motivacións e intereses das persoas voluntarias. Dereitos e deberes das persoas voluntarias.
1.3 As entidades de acción voluntaria: que son, como se relacionan as entidades e as persoas voluntarias, identificación de necesidades obxecto de intervención dentro dun proxecto de acción voluntaria, quen poden ser as persoas destinatarias da acción voluntaria e perfiles.

MÓDULO 2: A xestión do voluntariado:
2.1. Integrar ás persoas voluntarias no proxecto da entidade.
2.2. As fases do ciclo do voluntariado: selección, incorporación, formación, acción, avaliación e desvinculación.
2.3. A tipoloxía de actividades no ámbito do voluntariado: de fomento e de apoio.

MÓDULO 3: A formación do equipo de traballo no que participan as persoas voluntarias.
3.1. A oferta formativa e a tipoloxía de accións en función das necesidades.
3.2. A mochila de recursos: habilidades sociais, técnicas de traballo en equipo, a resolución de conflitos, a xestión emocional e as relacións socio – afectivas, a implicación e a motivación.

MÓDULO 4: A planificación de proxectos de voluntariado.
4.1 Planificación e programación.
4.2 Presentación de proxectos.
4.3 Execución e posta en marcha de proxectos.

MÓDULO 5:
Os beneficios que pode aportar a acción voluntaria.
5.1. Tipos de beneficios.
5.2. O rexistro de Acción Voluntaria. O Recoñecemento de experiencias.

MÓDULO 6: Boas prácticas
6.1 Manter a motivación das persoas voluntarias, do persoal contratado e das entidades.
6.2. Boas prácticas para a Incorporación de novas persoas ós proxectos e consolidación do persoal xa existente.

MÓDULO 7: Tendencias do voluntariado
7.1. Innovación.
7.2. Novo ámbitos de participación.
MÓDULO 8: Aproximación xeral ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
8.1. Eixes de acción e medidas concretas.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: A inscrición estará aberta ata o 29 de outubro.

Data prevista de realización: do 4 ao 29 de novembro

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso descrito anteriormente.
Cubre os datos do formulario e sigue os pasos indicados.

É obrigatorio cubrir todos os datos en MAÍUSCULAS e SEN ACENTOS.

Así mesmo e en relación ao proceso de matriculación, tamén se recorda que unha vez cuberto o formulario de inscrición, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe do sistema informático para validar a túa conta clicando sobre un enlace que aparecerá no corpo do texto. Esto telo que facer antes de que finalice o periodo de anotacións do curso porque doutro xeito quedarás fóra da convocatoria.

Unha vez validada a túa conta de correo electrónico e pechado o prazo de matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Recorde cubrir os campos obrigatorios.

 
(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
Debes indicar un usario e contrasinal, que serán os que uses para acceder ao teu panel de alumno
[Política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.
Copyright voluntariadogalego.org