Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Os primeiros pasos no voluntariado 2019

[10-09-2019 - 10-10-2019]

O prazo de inscrición estará aberta ata o 9 de setembro

Destinatarios:
Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20 horas

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: ilimitadas

Contidos:

Módulo I_ Achegamento ao voluntariado.
- Que é o voluntariado?
- O perfil do voluntariado
- Tipoloxía accións voluntarias
- A ética da acción voluntaria

Módulo II_ O “efecto cascada” no voluntariado.
- O fortalecemento das redes na acción voluntaria
- O traballo en equipo e outras vías para o empoderamento do voluntariado
- Efectos positivos do “efecto cascada”

Módulo III_ A formación da persoa voluntaria.
- Competencias básicas da persoa voluntaria na relación de axuda
- Habilidades de comunicación interpersoal
- A importancia das emocións na acción voluntaria

Módulo IV_ A igualdade no voluntariado: un enfoque transversal e vertebrador.

- Perspectiva do xénero no voluntariado
- A promoción da igualdade na acción voluntaria dende a sensibilización social
-Análise dos roles de xénero tradicionais
--Falemos a mesma linguaxe. O uso dunha linguaxe non sexista
-Afrontando estereotipos. Un caso específico: o Xoguete
Medida do PEVX
Medida nº24-
Desenvolver campañas de prevención e sensibilización con mensaxes positivos, unitarios e adaptados ás exixencias de cada momento, implicando á sociedade no seu conxunto,e elixindo os momentos máis favorables para a súa difusión, como por exemplo, os veráns. Esas campañas deben focalizarse no rexeite ao maltratador, e presentar exemplos de mulleres fortes e valentes, sen recorrer ao cliché das vítimas.
Medida nº 32-Fomentar o xogo e os xoguetes igualitarios mediante campañas e recomendacións
directas a empresas e espazos educativos

Módulo V_ Boas prácticas na acción voluntaria dende unha perspectiva de xénero
- Achegamento a boas prácticas na acción voluntaria dende unha perspectiva de xénero
Medida do PEVX
Medida nº 19
- Establecer un repositorio de boas prácticas, estudos e contidos a disposición das Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, que permita o intercambio de experiencias eficaces no ámbito educativo. Este repositorio incluirase no Plan Estratéxico de Convivencia Escolar impulsado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte xunto coas Comunidades Autónomas, como desenvolvemento do eixe “Educación en Igualdade e Socialización para a prevención da violencia de xénero”.

Vinculación coas Medidas do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero
Atendendo aos 10 eixes de actuación establecidos no Pacto de Estado en materia de Violencia de xénero o curso “Os procesos participativos na acción voluntaria” aborda unha serie de
contidos que tocan aspectos vencellados a un dos eixes de actuación establecidos no Pacto:
Eixe 1. A ruptura do silencio mediante o fomento de actuacións de sensibilización. Dende este curso formativo o voluntariado aprenderá estratexias de participación que impliquen dotar en calquera proceso participativo unha perspectiva de xénero, o cal faise totalmente necesario para a visibilización e a sensibilización de cara a rachar coas desigualdades entre homes e mulleres.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariado galego


Data de inscrición: Ata o 9 de setembro

Data prevista de realización: do 10 de setembro ao 10 de outubro

Copyright voluntariadogalego.org