Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Voluntariado en proxectos de dinamización de envellecemento activo e saudable 2017

[21-11-2017 - 21-12-2017]

O prazo de inscrición estará aberto do do 6 ao 20 de novembro ás 14.30 horas

Logo do cursoDestinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:

Módulo 1: CONCEPTOS CLAVE NO ÁMBITO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO

 O ABC do envellecemento activo: definición, determinantes, áreas e evolución.
 Radiografía do perfil das persoas de 55 e mais anos en Galicia: estereotipos, novos perfís, novas necesidades.
 Estado da arte na nosa comunidade: a ESGAEN (Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 da Xunta de Galicia): liñas estratéxicas, mapa de valor (entidades, recursos e programas), etc.
 O papel do voluntariado no Envellecemento Activo.
 Boas prácticas e experiencias innovadoras no ámbito do voluntariado.

Módulo 2: METODOLOXÍAS E ÁREAS DE INTERVENCIÓN
 O modelo de atención centrado na persoa e o paradigma de curso vital en envellecemento activo. As actividades significativas.
 O concepto de aprendizaxe permanente ou “longlife learning”.
 Tipoloxía de actividades con persoas de 55 e máis anos: estimulación cognitiva, actividade física, intelixencia emocional, uso das TIC como “medio” non como “fin”, terapias integrais
 Novas tendencias: os “serious games” como ferramenta de detección precoz de Envellecemento Activo.

Módulo 3: TIPOS DE INTERVENCIÓNS E ROL DO VOLUNTARIO.
 O voluntariado sénior: definindo un novo rol mais alá do acompañamento.
 Desenvolvemento de competencias clave: comunicación interpersoal e intrapersoal, escoita activa, dinámicas de comunicación asertiva, dinámicas de traballo en equipo, ferramentas para o traballo en rede (sinerxias)
 Fases no proceso de intervención: intervencións grupais e individuais.
 Dinámicas de interese e recursos prácticos.

Módulo 4: DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS INTEGRAIS DE EENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE
 Intervención comunitaria e proxectos interxeracionais
 Construíndo o noso propio proxecto de envellecemento activo :
o Elaboración de itinerarios e programas
o Descrición do perfil de participante
o Definición de obxectivos
o Búsqueda de recursos
o Indicadores e medición do impacto.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org


Data de inscrición
: do 6 ao 20 de novembro de 2017

Data de realización: do 21 de novembro ao 21 de decembro de 2017 (peche ás 14:30h).

Formulario de inscrición

A través do seguinte formulario poderás inscribirte no curso descrito anteriormente.
Cubre os datos do formulario e sigue os pasos indicados.

É obrigatorio cubrir todos os datos en MAÍUSCULAS e SEN ACENTOS.

Así mesmo e en relación ao proceso de matriculación, tamén se recorda que unha vez cuberto o formulario de inscrición, recibirás no teu correo electrónico unha mensaxe do sistema informático para validar a túa conta clicando sobre un enlace que aparecerá no corpo do texto. Esto telo que facer antes de que finalice o periodo de anotacións do curso porque doutro xeito quedarás fóra da convocatoria.

Unha vez validada a túa conta de correo electrónico e pechado o prazo de matrícula, recibirás un correo electrónico comunicando se estás aceptado no curso.

Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta
accedendo ao teu panel de alumno.

Recorde cubrir os campos obrigatorios.

 
(8 díxitos e letra, sen espazos nin guións)
**
Debes indicar un usario e contrasinal, que serán os que uses para acceder ao teu panel de alumno
[Política de protección de datos]
* Campos obrigatorios.
** Debes ter acceso á conta de email para poder validar a inscrición.
Copyright voluntariadogalego.org