Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Curso de voluntariado: Nivel de especialización de carácter xenérico 2017

[16-10-2017 - 16-11-2017]

O prazo de inscrición estará aberto do 27 de setembro ao 15 de outubro ás 14.30 horas

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:

Este curso centrase no crecemento persoal e grupal do voluntario dentro dunha entidade de acción voluntaria. Inclúe habilidades sociais, traballo en equipo, resolución de conflictos e situacións problemáticas, implicación emocional e os beneficios que nos aporta a nivel persoal o voluntariado.

MÓDULO I: IMPLICACIÓN EMOCIONAL NA ACCIÓN VOLUNTARIA
1.1.- Motivacións, aptitudes e actitudes das persoas voluntarias.
1.2.- Relacións entre emocións e permanencia nunha entidade de acción voluntaria.
1.3.- A intelixencia emocional aplicada ao desenvolvemento das competencias para facer fronte á labor voluntaria. O control emocional.
1.4.- A reliciencia aplicada ao mundo do voluntariado.

MÓDULO II: HABILIDADES SOCIAIS
2.1.- Conceptualización de habilidades sociais.
2.2.- Clases de habilidades sociais.
2.3.- A adquisición de habilidades sociais.
2.4.- Habilidades sociais básicas a desenvolver na acción voluntaria.

MÓDULO III: TRABALLO EN EQUIPO
3.1.- Que é o traballo en equipo?.
3.2.- Grupo de traballo vs Equipo de traballo.
3.3.- Estratéxias para realizar un bo traballo en equipo.
3.4.- Motivación e traballo en equipo.

MÓDULO IV: RESOLUCIÓN DE CONFLITOS E SITUACIÓNS PROBLEMÁTICAS.
4.1.- Introdución ao concepto de conflito.
4.2.- O ciclo do conflito.
4.3.- Estilos de afrontamento e modelos de resolución de conflitos.
4.4.- Habilidades fundamentais na resolución de conflitos.

MÓDULO V: OS BENEFICIOS QUE NOS APORTA O VOLUNTARIADO
5.1- Que che aporta o voluntariado?.
5.2- O Rexistro de Acción voluntaria de Galicia- sección de experiencias das persoas voluntarias.
5.3- Que ocorre se a entidade coa que colaboramos non está inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia?
5.4- A relación das Entidades de Acción Voluntaria e das persoas voluntarias.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org


Data de inscrición
: do 27 de setembro ao 15 de outubro de 2017

Data de realización: do 16 de outubro ao 16 de novembro de 2017 (peche ás 14:30h).

Copyright voluntariadogalego.org