Saltar navegación
Voluntariado galego

CURSO EN LIÑA: CURSO DE VOLUNTARIADO. NIVEL DE ESPECIALIZACIÓN DE CARÁCTER XENÉRICO 2016

[22-11-2016 - 22-12-2016]

EN CURSO

Logo do cursoO prazo de inscrición estará aberto do 21 de outubro ao 21 de novembro ata as 14.30 horas

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:

Este curso centrase no crecemento persoal e grupal do voluntario dentro dunha entidade de acción voluntaria. Inclúe habilidades sociais, traballo en equipo, resolución de conflictos e situacións problemáticas, implicación emocional e os beneficios que nos aporta a nivel persoal o voluntariado.

MÓDULO I: IMPLICACIÓN EMOCIONAL NA ACCIÓN VOLUNTARIA
1.1.- Motivacións, aptitudes e actitudes das persoas voluntarias
1.2.- Relacións entre emocións e permanencia nunha entidade de acción voluntaria
1.3.- A intelixencia emocional aplicada ao desenvolvemento das competencias para facer fronte á labor voluntaria. O control emocional
1.4.- A reliciencia aplicada ao mundo do voluntariado

MÓDULO II: HABILIDADES SOCIAIS
2.1.- Conceptualización de habilidades sociais
2.2.- Clases de habilidades sociais
2.3.- A adquisición de habilidades sociais
2.4.- Habilidades sociais básicas a desenvolver na acción voluntaria

MÓDULO III: TRABALLO EN EQUIPO
3.1.- Que é o traballo en equipo?
3.2.- Grupo de traballo vs Equipo de traballo
3.3.- Estratexias para realizar un bo traballo en equipo
3.4.- Motivación e traballo en equipo

MÓDULO IV: RESOLUCIÓN DE CONFLITOS E SITUACIÓNS PROBLEMÁTICAS.
4.1.- Introdución ao concepto de conflito
4.2.- O ciclo do conflito
4.3.- Estilos de afrontamento e modelos de resolución de conflitos
4.4.- Habilidades fundamentais na resolución de conflitos

MÓDULO V: OS BENEFICIOS QUE NOS APORTA O VOLUNTARIADO
5.1- Que che aporta o voluntariado?
5.2- O Rexistro de Acción voluntaria de Galicia- sección de experiencias das persoas voluntarias

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org


Data de inscrición
: do 21 de outubro ao 21 de novembro de 2016

Data de realización: do 22 de novembro ao 22 de decembro de 2016 (peche ás 14:30h)

Copyright voluntariadogalego.org