Saltar navegación
Voluntariado galego

CURSO EN LIÑA: RECURSOS PARA TRABALLAR O VOLUNTARIADO NA EDUCACIÓN SECUNDARIA 2016

[31-10-2016 - 30-11-2016]

O prazo de inscrición estará aberto do 30 de setembro ao 28 de outubro ás 14.30 horas

Logo do cursoDestinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:
Módulo I: Un Achegamento ao voluntariado dende o ámbito educativo
- O espazo educativo como oportunidade.
- O colectivo xuvenil ante o voluntariado.
- Por qué debemos de promover a acción voluntaria nas nosas aulas?

Neste módulo preténdese achegar ao alumnado do curso a importancia de desenvolver acción voluntaria no espazo da educación regrada, e sobre todo dende a óptica do empoderamento da mocidade para a acción voluntaria dentro do marco escolar, coñecendo de primeira man as potencialidades e posibilidades que ten o desempeño do voluntariado no contexto escolar, tanto na formación integral da persoa como de cara a xerar un itinerario de acción voluntaria do individuo, que conecta cos outros programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Módulo II: Recursos e metodoloxías aplicables na educación secundaria.
- Principios metodolóxicos básicos.
- Recursos e metodoloxías na acción voluntaria.
- Unha proposta de actividades para o traballo grupal na aula.
- Recursos bibliográficos e webgrafía.

Neste segundo módulo, o curso ofrece ao alumnado dende un plantexamento inicial sobre que metodoloxías ofrecen maiores posibilidades para o desenvolvemento de proxectos de acción voluntaria dende unha perspectiva participativa e formativa no contexto educativo, para logo ofrecer un abano de recursos ao alcance do profesorado para impulsar acción de voluntariado dende a aula (APS. Traballo pro proxectos, etc..). Este módulo compleméntase coa recollida de boas prácticas a modo de referencias para o traballo dos diferentes centros educativos ou entidades.
Desta forma, o módulo adquire unha compoñente eminentemente práctica e de gran interese para o alumnado participante.

Módulo III: A construción e/ou adaptación dos nosos propios recursos.
- Vantaxes dun proceso de xeración/adaptación de recursos propios
- Criterios básicos no deseño de recursos.
- Traballo práctico: xerando/adaptando recursos e ferramentas

O último módulo, vai dirixido ao desenvolvemento dun traballo práctico por parte do alumnado que poderá ir en dúas vías: a elaboración dun recurso educativo propio, ou a adaptación dun recurso a unhas circunstancias moi específicas e concretas. A elaboración e/ou adaptación de recursos didácticos é un modelo de traballo moi necesario para a innovación educativa aplicada a acción voluntaria nas escolas.

Este módulo obriga ao alumnado a deseñar recursos que serán de moita utilidade, xa que o seguinte paso, (xa fora dos focos do curso) sería a aplicación dese recurso no seu contexto.

O curso ademais da formación de ofrecer unha formación especifica, ten unha actuación de ampliación que pretende conectar os contidos do curso coa realidade dos centros, e en concreto daqueles centros pertencentes á REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS, achegándolle nas visitas de asesoramento o material (“O VOLUNTARIADO NA EDUCACION”) editado pola Xunta de Galicia, e que contén diversos recursos de interese que poden completar as sesión de asesoramento de xeito específico adaptándonos ás características de cada proxecto solidario e de voluntariado impulsado en cada centro educativo.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 30 de setembro ao 28 de outubro.


Data de realización:
do 31 de outubro ao 30 de novembro ás 14:30 horas.

Copyright voluntariadogalego.org