Para participar na modalidade do libro web, o alumnado dispoñerá dunha ferramenta que se encontra na web habilitada pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa http://www.edu.xunta.es/contidos/libros, mentras que para concursar na modalidade graffiti, toda a información se atopa nesta sección:
Máis información >>
II Premio Graffiti
Destinatarios:
3º e 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de formación profesional.
Prazo de presentación:
O prazo amplíase ata o 25 de novembro ás 14.30 horas.
Solicitude de participación:
Cada centro educativo interesado en participar deberá completar o formulario de participación e cubrir todos os campos obrigatorios.
O documento no que se presente deseño do graffiti deberá cumprir os criterios especificados:
· Tamaño máximo: 1,5 MB
· Formato: JPG ou PDF
Ademais, deberase indicar as necesidades dos materiais precisos para a realización do graffiti, que proporcionará a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
Premios:
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade concederá un premio a un centro educativo por provincia. O premio consistirá na participación no programa AUGAMAR, programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño que se leva a cabo no Albergue Xuvenil As Sinas, en concreto, no subprograma "Da Areagorda ao Mar Maior".
Criterios de valoración:
A comisión seleccionará os traballos premiados tendo en conta os seguintes aspectos:
· Estética.
· Traballo colaborativo.
· Traballo previo e posterior de aula.
· Que se traballen os contidos voluntarios a través de intervención artística
Resolución:
A decisión do xurado farase pública na segunda quincena de novembro nesta páxina web http://www.voluntariadogalego.org/graffiti. O graffiti realizarase nos centros educativos premiados con anterioridade ao 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado.