Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Punto de encontro

Formulario de inscrición como voluntario

Voluntariado forestal en Tourón
Dende Amigos da Terra xunto ca Comunidade de Montes en Man Común de Tourón (Melón) continuamos coas accións DESEUCALIPTIZADORAS, que xa realizamos o mes pasado.

Unha vez mais estaremos realizando accións de arrincado e/ou eliminación dos montes especies exóticas invasoras como o eucalipto, as acacias ou mimosas, entre outras. A través destas accións preténdese visibilizar que existe unha gran parte da sociedade que rexeita o modelo forestal actual e polo que segue a apostar o goberno da Xunta, e a vontade de procurar entre todas un monte diverso, multifuncional e sostible no que estea desterrado o monocultivo de eucalipto e a presenza doutras especies invasoras.

Así que continuaremos na mesma zona onde xa estivemos elimiando eucaliptos, mimosas e outras prantas invasoras en Tourón (Melón) o vindeiro domingo 14 de xullo de 10:00 a 14:30 horas (aproximadamente).

Polo tanto, como sempre, se estás interesada en botar unha man é necesario inscribirse no seguinte formulario (antes do vernes ao mediodía) >>>> [1]

Para poder coordinar a actividade o formulario pecharase o venres 12 ao mediodía, e unha vez saibamos quen pode ir e como, se vos contactará para coordinar os desprazamentos e a actividade.

[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]

Ampliar
ACTIVIDADES DE VERAN
Dentro do Programa de Protección Internacional valorase a realización de actividades con xoves de cara a mellorar a súa integración e o establecemento de redes de apoio. (coñecemento da cidade, actividades de ocio compartido, fomentar espacios entre iguais)

[PROVIVIENDA]

Ampliar
ACTIVIDADES DE VERAN
Dentro do Programa de Protección Internacional necesitamos voluntariado para colaborar nas clases de castelán e alfabetización con adultos.

[PROVIVIENDA]

Ampliar
ACTIVIDADES DE VERAN
Dentro do Programa de Protección Internacional queremos que as familias poidan continuar acudindo a clases de castelán para a adquisición do idioma. Para elo necesitamos contar con voluntariado disposto a levar a cabo actividades ludicas cos cativos das familias.

[PROVIVIENDA]

Ampliar
Búscanse voluntarios para actividades de tempo libre
Actividade: Club de Ocio (actividades de fin de semana)
Proxecto ao que pertence: Servicio de Ocio e Deportes
Lugar onde se desenvolve: Saúde Mental FEAFES Galicia – Delegación de Lugo
Descrición do proxecto:
- Acompañamento a actividades socioculturais na cidade e saídas culturais, medioambientais ou recreativas por lugares próximos ao termo municipal, coa fin de promover a autonomía dos usuarios e apoiar o seu proceso de rehabilitación e recuperación
- Apoio social de forma individual e/ou a través de reunións grupais para o goce do ocio e o tempo libre de forma saudable e rehabilitadora
Postos de acción voluntaria:
- Apoio na programación de actividades
- Acompañamento nas actividades de fin de semana
- Apoio nas reunións grupais

[FEAFES GALICIA, FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓN DE FAMILIARES E PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL DE GALICIA]

Ampliar
Fiesta de película con los/as niños/as de FEGEREC
La Federación Gallega de Enfermedades Raras e Crónicas organiza el próximo viernes 14 de junio, en horario de 17:00 a 20:00, una celebración simbólica e inclusiva, una fiesta de cumpleaños con temática de cine para todos los/as niños/as con enfermedades raras que acuden a nuestra entidad. En ella, participarán tanto niños/as con diversidad funcional como sin ella y habrá lo propio de una fiesta de cumple: juegos, merienda, tarta, etc.

Necesitamos personas voluntarias que apoyen a pequeños grupos de niños/as, puesto que se trata de menores con diversas patologías y síntomas y necesitan acompañamiento. Sin la colaboración del voluntariado, sería imposible realizar estos eventos.

Puedes inscribirte en el siguiente enlace:
https://forms.gle/z6p5pPdT5eNxcMPm7

[FEDERACION GALLEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRONICAS, FEGEREC]

Ampliar
Precisamos Docente Científico Tecnolóxico 3ºESA
Un dos nosos socios está quitando a ESA tras un largo período de inactividade académica. Precisamos unha persoa que teña coñecementos desde ámbito e nivel e tempo para implicarse.

[ASOCIACION DE PERSOAS CON PARALISE CEREBRAL DE LUGO (ASPACE LUGO)]

Ampliar
OCIOTECA DE VERAN: "NÓS TAMEN XOGAMOS"
A Ocioteca é unha proposta de ocio formativo dirixida os alumnos/as do CEE Santa María e os seus irmáns, que permita ademais que no tempo de vacacións escolares de verán as familias poidan conciliar a súa vida laboral sabendo que os seus fillos están recibindo unha atención adecuada.

[ANPA DO COLEXIO EDUCACIÓN ESPECIAL SANTA MARÍA (LUGO)]

Ampliar
Festiña dos maios
Colaboración na festa dos maios

[ASOCIACIÓN XARUMA]

Ampliar
v CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLA EM
Un ano máis, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A. C.E.M.) está a organizar a CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM que este ano cursará a súa quinta edición. Nesta ocasión terá lugar e domingo 9 de xuño en Santiago de Compostela.
Trátase dunha actividade familiar que polos éxitos obtidos nas 4 edicións anteriores, está a converterse nun evento de referencia na cidade. Destacamos que na cuarta edición da carreira case chegamos ao milleiro de inscricións e este ano o obxectivo é incrementar a participación en todas as categorías e modalidades:

 CARREIRA segundo idade: pitufos, escolares (A, B, C), absoluta ( sub 23, senior, veteranos 1 e 2)
 ANDAINA: para todas as idades, así como para a participación de persoas con mobilidade reducida.
 DORSAL 0

[ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ACEM]

Ampliar

[ 1 ] [ 2 ] 3 [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 10 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds