Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Pograma - Rede de Centros Escolares Solidarios

O programa Rede de Centros Escolares Solidarios é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que pretende descubrir o voluntariado ao alumnado de educación secundaria, bacharelato, formación profesional e de adultos de Galicia e animalos a comprometerse. Actualmente a este programa os centros educativos poden inscribirse a través do Plan Proxecta.

O principal obxectivo do programa é promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado), e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias, a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo e achegue ao alumnado a realidade do voluntariado.

O programa pretende establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que os mozos e mozas, xa desde a escola ou o instituto, son capaces de ofrecer un servizo valioso e necesario á sociedade.

Cada centro escolar pode desenvolver con liberdade o seu proxecto solidario ou programa propio de voluntariado, na dobre modalidade:

-Proxecto único que repercute no mesmo centro ou no seu alumnado, a través dunha serie de accións voluntarias levadas a cabo polos rapaces e rapazas que incidan no coidado das instalacións, deseño de blogs, actividades fóra do centro escolar, elaboración de materiais multimedia,..., ou no apoio doutros alumnos: nas tarefas escolares, nenos/as con necesidades específicas, alumnado de novo ingreso, ...

-Proxecto realizado en colaboración cunha entidade inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, de xeito que os rapaces/as realicen actividades solidarias a favor da entidade de acción voluntaria. As actividades poderían ser moi variadas, e sempre en función da entidade destinataria: facer unha tómbola para conseguir fondos, organizar unha obra de teatro, concerto de panxoliñas no Nadal, …

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado prestará apoio e asesoramento en todo momento aos centros escolares que se adhiran ao programa.

Valoraranse todos os proxectos solidarios levados a cabo ao amparo deste programa, en recoñecemento ao labor solidario dos rapaces/as e ao bo facer das accións desenvolvidas.




Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds