Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde de Galicia 2020

En imaxes
O Programa Acompañamento nos Hospitais e Centros de Saúde, impulsado pola Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade é un proxecto de humanización que consiste na realización por parte de persoas voluntarias de activades de acompañamento e apoio á información aos usuarios/as e visitantes que reciben asistencia sanitaria nalgún centro público do Servizo Galego de Saúde .Estas accións voluntarias realizanse dentro dos diferentes programas executados pola persoa designada polas distintas áreas sanitarias para desenvolver actividades de humanización dos hospitais e centros de saúde implicados.

O obxectivo principal do programa é mellorar a experiencia do paciente no contacto coa asistencia sanitaria e o enriquecemento persoal das persoas voluntarias que facilitan o benestar persoal das persoas usuarias.

Entre as accións que se poden levar a cabo dentro do programa cómpre mencionar:

* Voluntariado de apoio á información, que realizará as seguintes actividades:
- Axuda aos usuarios informados nos puntos de información polo persoal do Sergas, sobre os recursos e servizos existentes no hospital ou centro de saúde co acompañamento a estes.
- Acompañamento aos usuarios, que así o soliciten, ao seu lugar de destino dentro do centro sanitario.


* Voluntariado social, que realizará as seguintes actividades:
- Acompañamento en programas específicos e actividades lúdicas, de participación social, actividades de apoio e accesibilidade, relacional (conversación, paseo, lectura) desenvolvidas por cada hospital ou centro de saúde en cuestión.

Quen pode formar parte do Programa Acompañamento nos hospitais e centros de saúde de Galicia?

Poderá ser voluntaria/o calquera persoa maior de idade que de xeito altruísta e solidario desexe realizar as actuacións descritas para contribuir á mellora da calidade de vida da comunidade.
 
Para facerte voluntaria/o debes cubrir o seguinte formulario de inscrición:


Formulario de Inscrición

* Nome:
* Apelidos:
* DNI:
* Data de nacemento: / /
* Enderezo:
* Poboación:
* CP:
* Provincia:
* Teléfono de contacto:
* Correo electrónico:
* Profesión:
* Formación académica:
* Centro no que desexas colaborar:






* Indica a túa dispoñibilidade horaria:
Eres voluntario nalgunha outra asociación:
* En caso afirmativo indica en que entidade:
Observacións:
  *[Lin e acepto a política de protección de datos];
 
* Campos obrigatorios.


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds