Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Voluntariado Miudo: Móvete

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado puxo en marcha no ano 2016 un novo programa de voluntariado na educación primaria, que xunto cos programas Pasaporte Solidario e Rede de Centros escolares Solidarios, completa o ciclo da formación en materia de voluntariado na educación obrigatoria e bacharelato.

O proxecto VOLUNTARIADO MIUDO: MÓVETE pretende ser un instrumento para a formación integral do alumnado de educación primaria ao redor dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade.

Os obxectivos principais do programa son:

- A inmersión nos valores solidarios e na acción voluntaria dende o comezo da etapa educativa obrigatoria.

- O traballo dos valores solidarios dende un contexto lúdico empregando a música como un mecanismo motivacional.

Co fin de acadar os obxectivos propostos deseñouse un proxecto en base á canción “Móvete” de Paco Nogueiras, canción que se emprega como instrumento didáctico inspirador dunha parte do proxecto, e que serve de reforzo aos nenos e nenas implicados.



Videoclip de Móvete



Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds