Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

XUVENTUDE Curso presencial en plataforma online externa: Curso de Influencers dixitais 2020


Pechada a inscrición por cubrirse as prazas ofertadas.

Destinatarios/as: Mozas e mozos de entre 16 e 35 anos.

Neste curso coñecerás a figura dos novos líderes dixitais xurdidos nos medios sociais. Entenderás a imortancia que tén traballar a marca dixital, a reputación online e as posibilidades de monetización en diferentes plataformas como Twiter, Youtube ou Instagram. .

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: Raúl Ordóñez (https://sherpadigital.es/):
Director de Sherpa Digital. Consultor e formador TIC con 20 anos de experiencia no sector. Axuda ás empresas, profesionais e familias que necesitan adaptarse con éxito ao cambio tecnolóxico.
Está especializado en mercadotecnia en liña e transformación dixital, comunicación corporativa, medios sociais, correo electrónico, SEO, SEM e uso seguro e responsable da tecnoloxía.
Foi director de empresas en Bitácoras, a maior rede social de blogueiros en español e organizador de eventos tecnolóxicos de referencia como #inlugo, Degusta Jaén ou os Premios Bitácoras.
Apasionado pola docencia, é profesor e consultor certificado de EOI e colaborador en escolas de negocios como IEBS ou a escola de finanzas. Hoxe forma parte do corpo de docentes da Lug Open Factory tamén.

Nº. de horas: 8

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 50

Contidos:

Sesión I: 27 de abril | 16:00 a 18:00.
O poder da rede
——————————————————————————-
Social Media Vs. Media tradicional.
A figura do novo líder social dixital
Claves para desenvolver influencia na rede
Historias de éxito

Sesión II: 28 de abril | 16:00 a 18:00.
Espazos de influencia
——————————————————————————————
Blog
YouTube
Instagram
Twitter
TikTok

Sesión III: 29 de abril | 16:00 a 18:00.
Estratexia en liña
——————————————————————————————
A súa estratexia como influencer
Que publicar
Como publicar
Cando publicar

Sesión IV: 30 de abril | 16:00 a 18:00.
Reputación dixital
———————————————————————————-
Fundamentos da reputación dixital
Crise de reputación
Aspectos legais
Monetización
Recursos e ferramentas


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: ZOOM Lug Open Factory.

Data de realización: do 22 de abril ao 02 de maio


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds