Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

VOLUNTARIADO Curso en liña: Curso de voluntariado. Nivel básico 2020

Pechada a inscrición por cubrirse as prazas ofertadas.

Destinatarios/as: Este curso está dirixido preferentemente a persoal técnico de nova incorporación e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, que non realizaran con anterioridade o curso básico de voluntariado.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 200

Contidos:

Este curso é unha introducción ao mundo do voluntariado, que é, como naceu, que o rixe, etc... Inclúe a historia do voluntariado, tipos de voluntariado, marco legal, que son as entidades de acción voluntaria, como facerte voluntario e onde e incorporación da persoa voluntaria a unha entidade.
MÓDULO I: INTRODUCIÓN AO MUNDO DO VOLUNTARIADO
1.1-Que é o voluntariado.
1.2- Evolución histórica do voluntariado en España.
1.3-Situación actual do voluntariado en España e en Galicia.
1.3.1.- O perfil das persoas voluntarias.
1.3.2.- Tipoloxía e áreas de actuación do voluntariado.
MÓDULO II: A ÉTICA DA ACCIÓN VOLUNTARIA
2.1- Motivacións, aptitudes e actitudes da persoa voluntaria.
2.2- Relacións entre emocións e permanencia nunha entidade de acción voluntaria.
2.3- A intelixencia emocional aplicada ao desenvolvemento das competencias para facer fronte ao labor voluntario. O control emocional.
2.4- A resiliencia aplicada ao mundo do voluntariado.
2.5- Marco legal do voluntariado a nivel internacional, europeo, estatal e da CC.AA. de Galicia.
2.6- Dereitos e deberes das persoas voluntarias.
MÓDULO III: AS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA
3.1- Introdución
3.2- Definición de entidades de acción voluntaria.
3.3- A relación das entidades de acción voluntaria e as persoas voluntarias.
3.4- As persoas destinatarias da acción voluntaria.
3.5- Confidencialidade e protección de datos
3.6- Pasos a seguir para ser voluntario/a. Onde facer voluntariado en Galicia?.
MÓDULO IV: A INCORPORACIÓN DA PERSOA VOLUNTARIA NUNHA ENTIDADE DE ACCIÓN VOLUNTARIA
4.1-O programa de voluntariado.
4.2- A chegada da persoa voluntaria (incorporación de voluntarios).
4.3- A formación da persoa voluntaria.
4.4- O desenvolvemento da acción voluntaria.
4.5- A desvinculación da persoa voluntaria.
MÓDULO V: OS BENEFICIOS QUE NOS APORTA O VOLUNTARIADO
5.1- Que che aporta o voluntariado?
5.2- O Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia- Sección de experiencias das persoas voluntarias
5.3- Que ocorre se a entidade coa que colaboramos non está inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia?

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: do 14 de abril ao 14 de maio


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds