Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-06-2007)

Global Express

Intermón Oxfam achega ás aulas o turismo sostible

"¡ Viaxe con nosotros...si quere gozar "! é a nova proposta didáctica de Intermón Oxfam para o alumnado de secundaria dos seus XIII edición de Global Express.

Nos últimos 15 anos, a cifra de viaxeiros multiplicouse por 2 e as viaxes interiores, por dez. Talvez os que antes viaxaban agora o fagan máis; pero, sobre todo, creceu o número dos que practicamos o tráfico turístico. A alegre cara do turismo esconde, non obstante, realidades máis complexas.

Nesta edición de Global Express, Intermón achega aos alumnos á realidade do turismo, presenta elementos para analizar o seu potencial e as consecuencias do modelo turístico dominante e axuda a reflexionar sobre a nosa responsabilidade como turistas. A proposta didáctica está estructurada en cinco actividades diferentes mediante as cales o alumnado aprende a valorar o turismo baseado na comunidade, o turismo responsable, o turismo xusto ou o chamado "turismo solidario".

Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global. Consta dunha proposta didáctica, con orientacións para o profesorado, e información de contexto sobre o tema. Trátase de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Descarga o material na web de Intermón

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds