Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-06-2007)

Equalitas Vitae

O turismo tamén pode ser solidario

Presentámosvos un portal con ofertas de viaxe accesibles a persoas con minusvalidez e unha Guía con 30 propostas de viaxe de turismo sostible.

A consultora Equalitas Vitae, especializada na creación e promoción de turismo accesible, puxo en marcha este novo portal converténdose nun punto de referencia para asociacións de minusválidos, federacións de deportes adaptados, axencias de turismo accesible, etc.

A web contén ampla información, con fotos e datos, sobre os establecementos hoteleiros accesibles acreditados. Inclúe ofertas de turismo accesible e noticias. Ademais dende a sección "De Viajes", os usuarios poden contar as experiencias das súas escapadas.

Equalitas Vital é unha empresa que ten como obxecto rematar coas barreiras arquitectónicas que cada día impiden a miles de persoas con minusvalidez levar unha vida independente, autónoma e digna. Realizan plans de accesibilidade para conseguir hoteis adaptados, casas rurais accesibles, restaurantes e todo tipo de servizos turísticos preparados para crear unha oferta turística accesible de calidade.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds