Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(11-06-2007)

É hora de acabar con Warren

É HORA DE TOMAR PARTE

Xuño 07: Mes da Diversidade e a Interculturalidade.

É hora de tomar parte por unha sociedade que respecte a diversidade: por unha sociedade na que o máximo exponente sexa o común en lugar da diferenza.

O Consejo de la Juventud de España (CJE) ven apostando desde fai moitos anos pola interculturalidade e o respecto á diversidade. O CJE, como plataforma formada por colectivos e entidades de diferentes ideoloxías, crenzas e culturas, é un claro expoñente da diversidade que caracteriza ao noso país.

Actualmente, a nosa sociedade é máis rica en canto á diversidade: os procesos migratorios, os movementos de reivindicación de dereitos dos gays, lesbianas, bisexuais, transexuais, o pobo xitano, as persoas con algún tipo de capacidade, as diferentes culturas populares... formamos un novo crisol. No obstante, ao mesmo tempo, estanse vivindo situacións moi comprometedoras para a convivencia deste país. A discriminación que se produce no ámbito laboral; menores salarios para as mulleres, explotación laboral dos e das inmigrantes, despedimentos por orientación sexual, falta de oportunidades laborais a persoas con discapacidade, racismo nas aulas, discriminación sexual, falta de oportunidades laborais a persoas con discapacidade, racismo nas aulas, discriminación institucional, e un largo etcétera, fan que o respecto á diversidade e á interculturalidade se atopen en perigo.

Por todo iso, dende o Consello da Xuventude de Galicia (CXG) nos unimos ó CJE na opinión de que é hora de tomar parte por unha sociedade que respecte a diversidade. Unha sociedade cuxo máximo exponente sexa o común en lugar da diferenza. Queremos que se respecte á xuventude tal e como é, e que todos aqueles factores que enriquecen á cidadanía non sexan factor de discusión, senón de unión. Trala orientación sexual, a raza, o sexo, a discapacidade, a relixión, a orixe, a cor da pel... hai seres humanos.

Pedimos ás diferentes administracións que se comprometan cos valores de igualdade. Pedimos a todos os partidos políticos que non utilicen á inmigración de forma electoralista e pedimos á cidadanía que denuncie calquera acto de discriminación.

Respectemos a diversidade e promovamos a convivencia intercultural. É a hora dos cidadáns e cidadás, é hora de tomar parte.

A campaña "É hora de tomar parte" dedica este mes á diversidade e a interculturalidade. Mes a mes, desde o principio, aparece unha desagradable verruga Warren para evitar que os mozos e as mozas nos impliquemos pero desde o CJE e demais organismos autónomos estamos mobilizándonos para evitar a súa aparición. Para manterte informado podes visitar a seguinte web: www.eshoradetomarparte.com


Así mesmo, este mes, Warren preséntanos o seu último produto. Para velo preme no seguinte enlace: O video

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds