Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(05-06-2007)

CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE VOLUNTARIADO PARA O ACOMPAÑAMENTO E A COMUNICACIÓN CON PERSOAS XORDOCEGAS

ESGOTADAS AS PLAZAS

O Servicio de Voluntariado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) celebra os próximos días 29 e 30 de Xuño o curso de formación específica para o acompañamento de persoas Xordocegas

O Curso está dirixido a todas as persoas Xordas e oíntes que teñan coñecementos de Lingua de Signos Española e estén interesadas neste tema ou en participar nun futuro como voluntarios/as deste servicio.

O curso é gratuito e o seu obxetivo é dar a coñecer o Servicio de Voluntariado da FAXPG e enmarcalo no eido do Voluntariado Galego desenvolto dende o terceiro Sector, dar a coñecer as características específicas do colectivo ó que se dirixe e o funcionamento do Servicio.

A importancia da comunicación veráse reflectida no módulo relativo a técnicas de comunicación e guía con Persoas Xordocegas.

O curso impartirase no local da sede central da FAXPG sito na rúa Félix Estrada Catoira, Nº3 Baixo-dereita da cidade de A Coruña en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

O plazo de inscrición finaliza o próximo 24 de Xuño.

Podédesvos inscribir enviando a folla de inscición á dirección electrónica proyectos@faxpg.es, remitindoa por correo ordinario a Rúa Félix Estrada Catoira, Nº 3 Baixo-dereita 15007 A Coruña ou enviala por fax o número 981 154 316

Para máis información podédesvos poñer en contacto coa Coordinadora Xeral do Servicio de Voluntariado, Ángeles Pose, a través do teléfono 981 169 336 ou a través da dirección electrónica proyectos@faxpg.es.


[FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA, FAXPG]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds