Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(01-05-2020)

Actividades integración 1ª quenda maio 2020

Actividades integración 1ª quenda maio 2020

Primeira quenda do mes de maio

Como determina o estado de alarma, a situación volve a prorrogarse unhas semaniñas máis.
Seguimos con nova proposta de actividades para estes días, para levar o confinamento da mellor maneira posible. Son momentos de apelar á responsabilidade que temos como persoas deste mundo e continuar co esforzo de quedarnos na casa.

Lembrade que, de maneira puntual e baixo petición, poderemos intentar prestarvos servizo de acompañamento que serva de respiro familiar cumprindo coas directrices que marca a Consellería de Sanidade para este caso.

Podedes consultar a páxina web de Xaruma con novas e con todas as actividades e teleactividades!

O noso teléfono de contacto segue á vosa disposición en horario de chamadas para calquera dúbida ou consulta que teñades:
Luns a venres: 10:00h – 14:00h / 16:00h – 17:30h
698 142 158


Moitas grazas e desculpade de novo as molestias.

Todo esforzo merece a súa recompensa; seguide así!!
[ASOCIACIÓN XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds