Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(21-04-2020)

EMERXENCIA SANITARIA - AECC RESPONDE

SE PERDICHES UN SER QUERIDO, QUEREMOS ESTAR AO TEU LADO

Atención psicolóxica gratuita para todas as personas que nos necesiten, 24 horas, 7 días á semana.

Querémosvos informar dun novo servizo que a AECC Ourense vén de poñer en marcha.

Como sabedes, esta situación de alarma e confinamento estanos a poñer continuamente en situacións límite que nos moven a colaborar coa nosa poboación.

Como ONG sentímonos responsables e consideramos que podemos e debemos actuar porque dispoñemos de recursos clave que poden ofrecer un importante soporte ás persoas que agora mesmo nos necesitan.

De todos os colectivos, hai un que especialmente nos preocupa, que é o de familias que agora mesmo están perdendo un ser querido, moitas veces sen poder nin tan sequera despedirse. Consideramos, por tanto, iniciar
a atención en dó á poboación NON ONCOLÓXICA afectada polo COVID19.

Neste sentido, cremos que a AECC conta cunha experiencia máis que contrastada na atención en dó, xa que somos, sen dúbida, un dos referentes en España neste campo.

Estamos convencidos de que podemos realizar un importante labor de axuda a través do noso equipo de atención psicolóxica, e achegar así, na medida do posible, a colaboración da AECC Ourense nestes momentos tan difíciles.

Formas de acceder ao novo servizo:
Por teléfono: 988 21 93 00 – 900 100 036
Por correo electrónico: ourense@aecc.es
Por web: www.aecc.es

Moitas grazas, unha vez máis, por este novo esforzo para trasladar todo o que estamos facendo á comunidade e á sociedade en xeral.

Queremos, ao igual ca vós, axudar en todo o que poidamos nestes momentos e nos que nos teñamos que enfrontar día a día.

Un abrazo forte e coidádevos moito.

Quedade na casa.
[ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER (AECC) / JUNTA PROVINCIAL DE ORENSE]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds