Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-04-2020)


O Plan de formación de xuventude e voluntariado comeza este martes 14 de abril con dous cursos: Básico de voluntariado e Fotografía dixital

As 1.250 prazas postas a disposición da mocidade e das persoas voluntarias están esgotadas

A Consellería de Política Social, a través da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta un Plan de formación conxunto para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións de formación en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de crise sanitaria provocada polo Covid-19.


O Plan, conformado por 18 cursos en liña e 1.250 prazas, comeza este martes 14 de abril coa celebración dos dous primeiros cursos: Básico de voluntariado e fotografía dixital. Todos eles teñen xa as prazas esgotadas, a meirande parte deles desde o propio mércores 8 de abril, día no que se abriu a inscrición.


Os cursos están orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica nas seguintes áreas: lingua de signos, ambiental (facendo especial fincapé no ámbito da reciclaxe na casa), novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia. Así mesmo, no ámbito da xuventude, as accións formativas céntranse no eido dixital, a comunicación, o tempo libre e técnicas de mellora emocional.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds