Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(26-03-2020)

Actividades integración 1 quenda abril 2020

COMUNICADO ABRIL XARUMA

Primeira quenda de abril

Actualmente e como determina o estado de alarma, a situación prorrógase unhas semanas máis, ata o día 11 de abril.

Son momentos complicados nos que debemos ser responsables, ter paciencia e esperanza, compromiso de acatar as medidas necesarias pero, estamos seguras que entre todas e todos, poderemos conseguilo e combateremos esta guerra fronte ao COVID-19.

Temos que adaptarnos ao día a día nos fogares e levalo o mellor posible, intentando conservar as nosas rutinas coas que manter o corpo e a nosa mente activa e sana. Por iso, dende Xaruma, pretendemos continuar traballando en certos ámbitos aínda que sexa na distancia. Seguiremos enviando “teleactividades” diariamente pero tamén propoñemos unha nova quenda cun pequeno dossier con materiais para facer nestes días.
Podedes descargar este dossier en XARUMA

Como xa sabedes, de maneira puntual e baixo petición, poderemos intentar prestarvos servizo de acompañamento que serva de respiro familiar cumprindo coas directrices que marca a Consellería de Sanidade para este caso.

Recordade tamén que o teléfono de contacto segue á vosa disposición en horario de chamadas para calquera dúbida ou consulta que teñades:
Luns a venres: 10:00h – 14:00h / 16:00h - 17:30h
698 142 158


Graciñas e desculpade as molestias.
De parte de todas, enviámosvos moita forza e agora, máis que nunca, quedemos na casa!

[ASOCIACIÓN XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds