Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(06-03-2020)

Curso de iniciación ao contacontos aplicado ao voluntariado con infancia

Abrimos o prazo de inscrición desde obradorio que impartirá Bea Campos para o voluntariado que está a colaborar en proxectos con menores.

Data: 6 de marzo

Horario: 16:30 a 20:30

Lugar: Seminario Fernández de Rota, andar 2º. Facultade de Socioloxía, Campus Elviña.

As prazas son limitadas, polo que na presincripción se terá en conta a seguinte orde:

- Voluntariado da OCV

- Estudantes e comunidade universitaria da UDC

- Voluntariado doutras entidades

- Resto de persoas interesadas.

Gratuíto para o voluntariado (en activo e convenientemente acreditado con carné, acordo de compromiso ou certificado expedido pola entidade de acción voluntaria). 15 € para o resto.

Dous días antes do inicio do curso, as persoas que obtivesen praza recibirán unha notificación por correo electrónico para formalizar a matrícula no mesmo. No caso de non recibila, pasará á listaxe de espera.
Inscrición
[UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds